Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2026

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA

 Onte puidemos desfrutar da recompensa obtida no Escape Room das Letras Galegas: unha xornada de xogos en familia no pavillón de Galán.

A empresa galega Velaísca encargouse de organizalo todo para que crianzas e familias só tiveran que preocuparse de gozar xogando xuntas.

Xogos tradicionais galegos elaborados por artesáns de Chantada como: os birlos, os ovos, a ponte, os sacos... cos que puxemos a proba as nosas habilidades e pasamos unha mañá moi divertida.






Moitísimas grazas pola vosa participación, familias!

miércoles, 25 de marzo de 2026

Transmisoras no tempo: Os xogos do pasado

Durante este trimestre, e grazas as nosas transmisoras no tempo coñecimos moitos xogos, e xeitos de comunicarse coas persoas de lonxe: traballamos o correo postal, as partes dunha carta, os enderezos, ubicamos no mapa o noso lugar e a onde iamos mandar as cartas; coñecimos á carteira do barrio Rosalía, limos contos relacionados. Coñecimos as partes dunha carta e a  ESCRIBIMOS. Agora esperamos as respostas... 

Coñecimos as idades das nosas transmisoras e ubicámolas na táboa do 100, compoñendo números, contando, comparando....




Xogamos moito, e grazas a Llere, a nosa profe de prácticas, coñecimos o cadro "Xogos Infantís" de Pieter Bruegel. Fixemos unha listaxe dos xogos das nosas avoas e unha guía visual de algún deles. 



Entrevistamos as nosas avoas; xogamos as chapas, petancas, goma, comba, mariola, tres navíos, 4 esquinitas....Elaboramos tabas; aprendimos a xogar en equipo, a compartir e esperar quendas de xogo.




Pechamos o traballo do  trimestre elaborando un títular que resume a esencia do traballado durante o mesmo.

Unha creación artística coas letras como protagonistas para conformar a portada da colección dos xogos que fomos coñecendo grazas as nosas Transmisoras do tempo.


E CELEBRAMOS todo o aprendido cunha saída ao Campo da Chave da  nosa vila.


Pero atención!! Unha última carta está por chegar!










domingo, 20 de marzo de 2022

Xogos e impresión 3D

Xogo lóxico matemático no que temos que levar o noso cohete á lúa. Tira o teu dado e despega!

 

domingo, 21 de febrero de 2021

Novas adquisicións para o Espazo Fedelleiro

 


Chegan novas adquisicións, entre elas un xogo do Camiño de Santiago, que adaptamos para comezar a xogar.


jueves, 19 de marzo de 2020

#QUEDANACASA NESTA PONTE E DESFRUTA EN FAMILIA: Máis recursos


  • Actividades TIC

 




Moitos máis xogos de conceptos traballados no blogue Os laretas do barrio
  • Contos

  • Actividades musicais e motrices
E ademáis...deixámosvos unha recompilación dos Gratest Hits de Barrionovo, cancións con baile que xa temos practicado en música ou pisco para que movades o esquelete en familia durante a ponte!
Clica para acceder:

1. Borboletinha


2. Epo e ta e ta


3. Canção, brincadeira, leitura 


4. Eram sam sam


5. A miña amiga Dolores



6. Bugui-bugui



7. Paquete tu me tata


8. Bonfire Dance



9. A castaña viaxeira 


10. Wallflowers



11. Don Melitón


12. Mi barba tiene tres pelos




  • Actividades creativas:

DESFRUTADE!! 
E SE CREAS ALGO...
CÓNTALLE A BIBLIOBN
abibliobn@gmail.com
(ou os correos das aulas)