Mostrando entradas con la etiqueta Programación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Programación. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de noviembre de 2020

Obradoiro de Vermislab

Hoxe levouse a cabo o Obradoiro de Biblioteca Creativa que tiñamos pendente do curso pasado e que non se fixera debido a suspensión das clases presenciais.

Foi a cargo de Vermislab que co robot educativo Ozobot nos mostraron a importancia de Reciclar, Reducir e Reutilizar. 

Mediante xogos e creación de circuitos para o robot traballamos ademáis o razoamento, a robótica e programación mediante códigos de cores.







sábado, 24 de marzo de 2018

Cambiándolle o avance ao escornabot

O alumnado de 4 anos, no Taller TIC, cambiou o avance a un escornabot para que se desprazase 15cm e así poder empregar as plantillas do Beebot e Bluebot:


Ver aquí todo o proceso

miércoles, 14 de marzo de 2018

Programando os xiros do escornabot

Unha nova plantilla chega ao Espazo Fedelleiro, pero comprobamos que o escornabot non pode percorrela xa que non é capaz de seguir as liñas.
Que faremos?


Aprendemos dos graos que miden as curvas cos xiros do escornabot. Percorremos un círculo, un semicírculo e un cuarto e vemos que os xiros son cada vez a metade do anterior:


O xiro de 90 graos do robot sobrepasa o ángulo da plantilla. Recortamos para saber o que precisamos:


  E medimos o ángulo que queda:


Temos que cambiar o xiro a 60 graos. Lembramos que para modificar a programación temos que facer unha conta chamada "regra de tres" coa axuda das mestras e a calculadora facémola:


Despois cambiamos a cifra no Arduino e cargamos o escornabot:


Agora toca probar que funciona:


Marcamos o escornabot e a caixa para saber que este xira diferente:



 

jueves, 7 de diciembre de 2017

50 aniversario de Kids Coding

Este luns, o Doodle de Google convidaba a xogar cun coello que recolle cenorias e, así, celebrar os 50 anos de Logo. Esta é unha linguaxe de programación creada noas anos 60 polo MIT para axudar aos máis pequenos na escritura en código.




domingo, 29 de enero de 2017

Escribabot: PAZ

Resultado de imagen de escriba de tebas

ESCRIBA: Na Antigüedad,copista, amanuense.


ESCRIBABOT: Na BiblioBN, Escornabot que escribe.

Agradecemos a Xoel a invención desta palabra que dará moito xogo dentro do noso proxecto.

E así o Escribabot sumouse ao Día da Paz:



O alumnado de 4 anos, no taller TIC, programou o Escornabot para que avanzara a medida dunha das pezas Gigi.
Entre todos compuxemos a palabra PAZ coas pezas e fixemos ao Escornabot avanzar para que a escribise cos rotuladores que lle adosamos.



Seguide todo o proceso neste Time Lapse:

miércoles, 19 de octubre de 2016

Un pouquiño de Arduino

Seguimos coa formación d@s mestr@s... agora toca aprender a fedellar co Arduino para poder programar os nosos Escornabots: