Mostrando entradas con la etiqueta ODS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ODS. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de mayo de 2025

PRODUCTO FINAL PDI: INTERVENCIÓN ARTÍSTICA NA COMUNIDADE


 A través desta escultura de refugallo queremos visibilizar a cantidade de plásticos que xeneramos a diario, principalmente nas merendas. Asímesmo concienciarnos da necesidade se reciclalos e fundamentalmente non tirar ao chan, xa que estes poden rematar finalmente no Mar.

O traballo da saúde ambiental é un dos obxectivos finais  do noso proxecto e a cal repercutirá no benestar da nosa saúde xeral

martes, 18 de junio de 2024

Rematando Perigo!Natureza

 

 REMATAMOS O PROXECTO DO CURSO 23-24 FACENDO UNHA ACCIÓN DIRECTA NO BARRIO. 

PARA QUE A NATUREZA PERDURE, HAI QUE COIDALA. 

OS NOSOS CARTEIS XA SON VISIBLES NO BARRIO.










miércoles, 5 de junio de 2024

Preparando o Producto Final “Perigo!…Natureza”

Os nenos  e nenas da aula laranxa levamos todo o terceiro trimestre falando e reflexionando sobre a importancia da concienciación medioambiental e consideramos que o mellor  xeito de plasmar todo o aprendido era facendo unha acción medioambiental que impactara na vida do noso barrio.

Despois de pensar naquelas cousas que poderiamos mellorar nas nosas rúas, dispuxémonos a facer os carteis empregando o papel dos xornais que levamos lendo ao longo de todo o curso.



E hoxe fixemos a pegada destes carteis elixindo entre tod@s os sitios máis significativos onde colocalos.

"Poñer unha pedra nas papeleiras para que non saian voando as bolsas e o lixo"

"Non tires aquí o lixo, bótao na papeleira"


"Recolle as cacas do teu can"


"Pon cada cousa no seu contedor"

"Usa as papeleiras", "Non tires chicles ao chan", "Usa menos auga e luz"


Agora ás familias quédavos a misión de atopar estes 7 carteis coa axuda dos vosos peques e seguir as nosas recomendacións para coidar o barrio.

lunes, 3 de junio de 2024

As familias contan: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Pode pasarlle a calquera, pero un día saíu do tobo e alguén lle fixo aquilo na cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre?
Un clásico que sempre é un acerto!
GRAZAS FAMILIA!


 E despois do conto, aproveitando o traballo de sanitaria da mamá de Xandre, puidemos ver cales son as súas ferramentas de traballo e cómo nos poden axudar no camiño do coidado da nosa saúde, un dos ODS2030, que tamén estamos a traballar este trimestre.

martes, 6 de junio de 2023

Producto final: Elaborando as nosas bolsas de refugallo

Estes días estamos a elaborar bolsas de refugallo a partires das lonas dos nosos proxectos.
Nestas bolsas levaremos os nosos traballos deste curso





Reciclando as lonas from biblio BN on Vimeo.

viernes, 24 de marzo de 2023

Versos no bosque: Día dos bosques e a poesía

 Para conmemorar o Día mundial da poesía e dos bosques realizamos un precioso percorrido polo paseo fluvial de Arteixo no que descubrimos diferentes especies de Flora e Fauna.
Nas diferentes paradas aproveitamos para recitar poemas relacionados coa natureza extraídos de diferentes poemarios da nosa biblioteca, entre eles “Versos no bosque”, “Os soños na gaiola”...
Tamén reflexionamos sobre a necesidade de cuidalo e protexelo.
Esta saída foi ofertada polo Concello dentro do programa Educatízate.


lunes, 30 de enero de 2023

As nosas #pegadas pola Paz

 Estes días estivemos a traballar a importancia das nosas pegadas en prol da Paz. Nas clases e coas familias pensamos que é o que cadaquen aporta a diario por contribuir a un mundo en paz. E así o recollimos neste video “#pegadasDePaz”


domingo, 13 de noviembre de 2022

EncontRos Bn: Cristina Fernández


Hoxe descubrimos o inicio de vida da man de Cristina, especialista en analizar células e bacterias. Ela móvese no campo da ciencia, en concreto no mundo da veterinaria. Explicounos como as bacterias, primeiros seres con vida na terra, siguen a día de hoxe estando presentes en calquera lugar, incluso no noso corpo. Para comprobalo que mellor que analizar unha mostra en directo no seu microscopio.






MOITAS GRAZAS CRIS POR ACHEGARNOS AO MUNDO DA CIENCIA





A miña pegada no mundo. Cristina Fdez from biblio BN on Vimeo.

jueves, 10 de noviembre de 2022

Museo de Belas Artes: A nosa pegada no mundo

 Hoxe visitamos o museo de Belas Artes para coñecer algo máis das nosas pegadas. 

Lupi, un extraterrestre do Planeta Sen Memoria, mandóunos diferentes mensaxes para saber como os humanos conformamos a nosa memoria a través das pegadas que deixamos no noso planeta.

Velaiquí un pequeno resumo...


miércoles, 19 de octubre de 2022

A miña pegada no mundo

O noso proxecto non só nos invita a investigar as pegadas que xa existen no noso planeta, senón que tamén nos fai reflexionar sobre cales son as que nós queremos deixar.

Coa actividade "A miña pegada no mundo", queremos reflexionar sobre o noso compromiso con e para a Terra.