lunes, 31 de mayo de 2021

#camiñanteSIhaicamiño: Minimundos 3D do camiño

 Este é o resultado dos deseños 3D creados polos nen@s da escola en relación ao noso proxecto do camiño.

Cada aula contará cunha caixiña cos monumentos e símbolos do camiño francés traballados e creados por eles: Ponte Áspera, Torre Doncos, Castelo de Pambre, Palloza...





sábado, 29 de mayo de 2021

Tributo a Eric Carle

Esta semana deixábanos o afamado escritor e ilustrador Eric Carle, un referente da literatura infantil, moi presente na nosa Biblio BN. 

Quixemos rendirlle unha pequena homenaxe adicando este venres de Online Storytelling á lectura do seu conto máis icónico, traducido a 66 idiomas, The very hungry caterpillar. A nosa auxiliar de conversa Jenny foi quen levou a cabo a lectura.

Ate sempre, amigo!

miércoles, 26 de mayo de 2021

Encontros BN: "Obradoiro Musical"


Este xoves e venres visitou a BiblioBN Camilo quen nos trouxo un obradoiro creativo de experimentación e gravación musical.

O xoves ensinounos a manipular diferentes aparellos electrónicos e a gravar e distorsionar a nosa voz e instrumentos. Puidemos experimentar e gozar de diversas composicións propias, así como coñecer os programas informáticos empregados para a gravación.



O venres gravamos as nosas voces e instrumentos co fin de crear un disco coas cancións que compuxemos ao longo do curso coas "Punk&Blues Teachers". Cada aula levaba un tema ensaiado e por grupos baixamos ao Fedelleiro a facer as nosas achegas.

Aquí podedes ver unha pequena mostra:


domingo, 23 de mayo de 2021

EncontrosBN: "Músicas do Mundo"

Grazas o ANPA de Barrionovo este venres visitáronnos Nuria e Víctor para deleitarnos cos seus instrumentos e percorrer con eles diferentes partes do noso Planeta, nestes tempos no que viaxar tornouse ben complicado.
En quendas, e no exterior, desfrutamos da súa música e máis bailamos ao seu ritmo.





Grazas por este marabilloso concerto que nos fixo viaxar ao redor do mundo!!
E grazas o ANPA de Barrionovo que fixo posible esta visita!

sábado, 22 de mayo de 2021

Okupación escornabótica: Animais e flores do camiño

As familias desfrutan ,xogan e crean as súas propias plantillas para o noso escornabot.
Grazas familias por colaborar e aportar ao traballo de aula!