viernes, 22 de noviembre de 2019

jueves, 21 de noviembre de 2019

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Onte celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. 
Presentamos o libro Os Dereitos da Infancia de Editorial Xerais, e coñecemos a Greta Thunberg, unha nena coma nós que ven de denunciar á ONU por vulnerar os nosos dereitos ao non tomar medidas suficientes ante a emerxencia climática mundial.

Ademais de revisar cales son os nosos dereitos como nenos e nenas, vimos a Greta falando na ONU e propuxemos medidas ao noso alcance para contribuir ao coidado do noso planeta.

martes, 19 de noviembre de 2019

Poesía-Express: Sick

Esta semana foi Katie a encargada de presentar a Poesía Express. 
Neste caso escolleu a poesía "Sick", de Shel Silverstein, na que a protagonista non podía ir ao cole por estar enferma, ou...iso dicía!

lunes, 18 de noviembre de 2019

DÍA DA MÚSICA: DE AQUÍ PARA ALÁ

A través do conto "De aquí para alá" viaxamos polo mundo coñecendo o seu folclore da man da artista Lydia Botana.
A súa bolboreta levounos polos diferentes continentes, nunha marabillosa viaxe musical, coa que adiantamos a celebración do Día da Música.
Pasámolo xenial ademáis de coñecer moitos instrumentos, bailes e cancións de diferentes países do mundo.


GRAZAS!!!

domingo, 17 de noviembre de 2019

Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na diversidade

Este venres unha representación da biblioBn asistíu en Santiago a unha xornada formativa sobre diversidade e inclusión para conseguir unha biblioteca escolar de tod@s y para tod@s.



Máis info en #XBICD