lunes, 29 de abril de 2019

As familias contan: Papá de Laura

Hoxe estivo na BiblioBn o Pai de Laura para ler "Los Aristogatos" de Everest.

E de agasallo o marcapáxinas 3D da BiblioBn.
Moitas grazas polo esforzo e polo voso tempo!

viernes, 26 de abril de 2019

Encontro: Árbores de Cinza


Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Benito, representante da asociación Galicia ambiental.
Benito presentounos o proxecto Árbores de Cinza a través do cal puidemos coñecer de primeira man os desastres producidos nos últimos anos por mor do lume no territorio galego (Chandebrito entre outros).


Durante a visita, ademais de ver un vídeo e unha presentación, puidemos aprender máis cousas sobre a deforestación, as especies invasoras e as prácticas nocivas que levan á destrución do medio.
Ademais, reflexionamos sobre diferentes medidas que podemos levar a cabo nós para evitar e revertir este proceso.

Para finalizar, como de costume, sinatura no noso libro de visitas e agasallo 3D.


Moitas grazas!
E despois da visita...
Saída a monticaño para levar a cabo a nosa pequena reforestación

Venres de Encurtas: Día do Libro

jueves, 25 de abril de 2019

Encontro: Reforestación

Hoxe Armando, agasallounos coa súa presenza na BiblioBn cun encontro sobre reforestación.

Contounos que era bombeiro forestal e explicounos os riscos dos incendios, as súas causas e as accións que nós podemos levar a cabo para evitalos. 
Tamén como podemos reparar o dano unha vez xa este feito, a través da reforestación.

É costume, polo día do libro, agasallar cun libro e unha flor.
Armando, nesta semana do libro, agasallounos coa lectura do conto “A pequena árbore”, de Ánxeles Ferrer, e con algo máis especial que unha flor cortada, dúas árbores vivas (pradairos vermellos, loureiros e carballos) para que cada nen@ leve a cabo a súa acción de reforestación coa súa familia.

A cambio, coma sempre, un agasallo en 3D, a árbore da vida máis un mapa de Galiza imantado.
 Ademáis deixou algún máis na escola para levar a cabo unha pequena reforestación no Monticaño nestes días.
Mil grazas por todo!