domingo, 31 de marzo de 2019

Encontxos BN: Día das Artes Galegas e Mes do Libro

Despois de falar do día a conmemorar e recordar a Luis Seoane, que xa o están a traballar en arte, tivemos un encontxo moi especial, un conto creado polas mestras a partires dos seus cadros, relacionados coas árbores e paisaxes. Unha historia inspirada nunha fraga galega.




Ecopatrullas BN


Descubre as novas ecopatrullas do noso HortoBN
Preme na imaxe

jueves, 28 de marzo de 2019

Atelier Creativo V: Taller de Chapuzas


 Esta semana comezamos un novo Atelier Creativo: o Taller de Chapuzas

 Neste Atelier as nenas e nenos teñen diferentes propostas relacionadas coa montaxe e desmontaxe de aparatos electrónicos, o uso de ferramentas e composicións con materiais como tornillos, arandelas, etc. Nesta última poden inspirarse no libro " Imaxina animais" de Ed. Kalandraka








Aquí podedes ver como gozan co Atelier.






Atelier Creativo IV: Minimundos

Durante estas dúas semanas no Espazo Fedelleiro temos diferentes propostas relacionadas co xogo libre e coa creación de minimundos.


En cada espazo hai preparados diversos materiais relacionados coa natureza, coa terra, animais, diseños de impresión 3D, etc.
Así, as nenas e nenos poder imaxinar e construir a través deles os seus propios mundos.





Encontro Hortícola: Tío Ainara Souto

Hoxe o tío de Ainara Souto visitounos para axudarnos a controlar a praga de pulgón do noso limoeiro.
Como queremos evitar o uso de produtos químicos na escola ensinounos a elaborar un preparado a base de leite e auga que crea unha película que asfixia ao pulgón.

 Con este preparado todas e todos puidemos participar na fumigación da árbore.

 Finalmente como todas as visitas que recibimos no centro, Ramón asinou o noso libro de visitas e recibiu un agasallo da Biblio BN. Moitas grazas Ramón polo túa colaboración!


martes, 26 de marzo de 2019

Martes Poesía-Express: Gloria Fuertes


Este martes foros os nen@s de 4 anos os encargados de elaborar a poesía express. A través do stopmotion crearon as paisaxes das poesías de Gloria Fuertes.
Despois xa na clase traballaron a poesía e a ilustraron.