domingo, 20 de enero de 2019

RETO RODA ESCORNABOT

Fai un tempo lanzouse un reto para personalizar unha roda do escornabot. Pois a bibliobn quere facer a súa pequena aportación cunha roda deseñada polos máis pequen@s.

Despois de importar a roda dende o thingiverse o que fixemos foi decorala co logo do escornabot, co que xa estamos moi familiarizados, e que xa usamos noutros deseños.
Por último, un toque persoal, decoramos as rodas con permanentes debuxando a fachada do noso cole e o nome da nosa biblioteca.
Cambiamos as rodas e probamos
Aquí o resultado:


EncontXo Forestal

Este venres tivemos un encontxo co que iniciamos o traballo ao redor do noso proxecto para o segundo trimestre. Esta marabillosa instalación estaba a esperar no espazo fedelleiro e nos faría reflexionar sobre os beneficios dos bosques e a necesidade de sostenibilidade dos mesmos.
Despois de observar limos a preciosa historia que contén este xogo de madeira "Troncos" da colección Ludus Ludi de Pico Pao.. , historia que nos fixo pensar.
Para rematar o conto "En el bosque del perezoso" que nos fala da deforestación e necesidade de coidar e reforestar. 
E por último un reto, investigar nas clases que significan as palabras "forestal" e "deforestación" que aparecían na instalación.


miércoles, 16 de enero de 2019

Encontro 1º Trimestre: #somosdemonte


Hoxe as 3 aulas xuntámonos na biblioteca para compartir a información de todo o que estivemos a investigar durante o primeiro trimestre ao redor do noso proxecto anual #somosdemonte.

-Aula de 3 anos:

-Aula de 4 anos:


-Aula de 5 anos


 E agora...a seguir investigando!

lunes, 14 de enero de 2019

Desafío Construtivo

Este luns ao alumnado de A.L. agardáballe un reto na Mesa de Luz do Espazo Fedelleiro.
Cos bloques translúcidos tentarían reproducir diversas estructuras para o que tiñan que facer uso da atención, da lóxica, do razoamento verbal, da estructuración espacial, da cooperación entre iguais...















Desafío conseguido! E que bos momentos pasamos!