jueves, 11 de octubre de 2018

Novos usuarios: entrega de carnés

Esta semana, coma é tradición, os nen@s de 5 anos fixeron entrega dos carnés aos novos membros da escola de Barrionovo.

miércoles, 10 de octubre de 2018

Martes Poesía-Express: Caderno de Fume

Este martes a profe Lara deleitounos cunha poesía do libro Caderno de Fume que viña acompañada dunha sorpresa moi especial, un holograma, que puidemos ver na mesa multitáctil mentres a escoitábamos.



martes, 9 de octubre de 2018

Biblioteca Creativa: Muro Scrabble

No espazo fedelleiro estamos a crear un muro scrabble para o cal imprimiremos as letras na nosa impresora 3D.
Descargamos o arquivo do THINGIVERSE e redimensionamos no CURA


Para ver máis preme na imaxe

jueves, 4 de octubre de 2018

VOLTA O INTERNIVEL O ESPAZO FEDELLEIRO

 Aproveitando a poesía visual de Chema Madoz presente na escola, durante estas primeiras semanas tomamos como inspiración diferentes fotos deste autor para facer composicións con diferentes elementos naturais. Coma sempre, disfrutamos xuntándonos nenos e nenas de diferentes clases e utilizando o Espazo Fedelleiro



Voces de Galicia

Descubrimos un interesante Proxecto de La Voz de Galicia: Voces de Galicia.


Escaneamos o QR que leva á páxina vocesdegalicia.es onde podemos atopar rexistros sonoros e videos de montes galegos.



miércoles, 3 de octubre de 2018

EncontXo Interactivo


Hoxe desfrutamos nun EncontXo moi especial con "Un lobo Boquiabierto" de Ed. Parramon, un conto con Realidade Aumentada onde as ilustracións cobran vida.