martes, 4 de abril de 2023

ENCONTROS BN: COMPARTINDO INFORMACIÓN: AS FERRAMENTAS NA PREHISTORIA

Esta semana o Espazo Fedelleiro encheuse de elementos prehistóricos. A profe Silvia trouxo a súa investigación sobre as ferramentas ao longo da Prehistoria, e como estas foron evolucionando. Descubrimos que elementos empregaban para recolectar, cazar, sobrevivir... como os utilizaban e quen. 

miércoles, 29 de marzo de 2023

Encontros BN: Chegou O Paleolítico “Croniñon”

 Celebramos o día do teatro cunha adaptación teatral do conto Croniñon, de Gay Michel, da editorial Corimbo

A través dela tentamos achegar aos máis pequenos a este momento da historia, dun xeito máis divertido, motivador e visual, que seguramente recordarán e interiorizarán

De seguido o conto completo

E por último, a canción máis de moda neste días no cole, “Churrasco de Mamut” de Pakolas 

Compartindo información: Sara, Aissatou, Jennifer, Sofía e Saliou

 





viernes, 24 de marzo de 2023

Versos no bosque: Día dos bosques e a poesía

 Para conmemorar o Día mundial da poesía e dos bosques realizamos un precioso percorrido polo paseo fluvial de Arteixo no que descubrimos diferentes especies de Flora e Fauna.
Nas diferentes paradas aproveitamos para recitar poemas relacionados coa natureza extraídos de diferentes poemarios da nosa biblioteca, entre eles “Versos no bosque”, “Os soños na gaiola”...
Tamén reflexionamos sobre a necesidade de cuidalo e protexelo.
Esta saída foi ofertada polo Concello dentro do programa Educatízate.