sábado, 12 de octubre de 2013

1º Encontro no Fondo do Mar : Un Día de Pesca

O papá de Xurxo achegouse cos seus aparellos a nosa escola para levarnos de pesca submarina.
Grazas a Javier e Martina por inaugurar os Encontros no Fondo do Mar.


 

martes, 8 de octubre de 2013

Presentación de "Xogo a Ler"

Hoxe, nas reunións titoriais, presentamos a actividade do "Xogo a Ler" para este curso. Porque tamén xogamos a ler en familia cos libros que veñen e van. Agradecemos á Asesoria de Bibliotecas Escolares unha nova entrega de mochilas que nos permiten levar o libro e o caderno con comodidade.



A Asesoría de Bibliotecas achéganos un tríptico informativo para sacarlle máis partido a esta actividade.

Biblioteca escolar e comunidade educativa

sábado, 5 de octubre de 2013

2º EncontXo no Fondo Mariño : "Don Caballito de Mar"

Novo EncontXo no fondo do mar. Esta vez da man de Eric Carle e a historia de Don caballito de mar , animada por parte do alumnado da aula de 4 e a súa titora. Achegáronnos a esta fermosa historia co Kamishibai.