martes, 23 de junio de 2020

AXÚDANOS A MELLORAR

Queremos saber un pouco máis e poder mellorar coa vosa axuda.
Cubre a seguinte enquisa e dalle a enviar.
Grazas por axudarnos!

viernes, 19 de junio de 2020

#QUEDANACASA LX: DESPEDIDA FINAL

Case sen darnos conta chega o final deste curso excepcional.
Pasamos momentos difíciles pero pouco a pouco estamos a superalo.

Antes de nada darvos as grazas a tod@s polo gran esforzo e a colaboración nas actividades que vos fumos plantexando.
Sabemos que non foi fácil, pos iso, dende o equipo de barrionovo

GRAZAS!!!!

Pasade un feliz verán, desfrutade, descansade... 
Pero non podíamos marchar sen deixarvos unhas tarefas para este verán... estade ben atentos ao video!!!


Pero o curso que ven recibiremos a novos compañeir@s.
 Por iso queremos deixarlles aquí un video de benvida para que vaian coñecendo o noso cole.

BENVID@S!!


FELIZ VERÁN!
UN BICO ENORME PARA TOD@S!!!


jueves, 18 de junio de 2020

#QUEDANACASA: Guía de verán "Os contos non contaxian, enganchan"




#QUEDANACASA LIX: DESPEDIDA DE 5 ANOS

A semana continúa e seguimos coas despedidas.
Hoxe despedimos aos nosos compañeir@s da aula azul, as nenas e nenos de 5 anos. Remata para eles unha aventura para comezar unha nova, xa no "cole de maiores".
Quen diría que levan 3 anos no cole, parece que fai dous días que chegaban e xa son os maiores, dos que tantas cousas aprendimos e tantas veces fixeron de anfitrións.
Pero esta non será unha despedida, só un ata sempre, esta será sempre a vosa escola e esperamos vervos de novo, na biblioteca, no espazo fedelleiro vindo a ler contos...
Ademáis temos algo pendente... unha despedida!!!
sabemos que este foi un ano difícil para tod@s, pero seguro que nos fixo máis valentes!!!
Un bico enorme para todos, e por favor, non olvidedes a vosa escola de barrionovo!!!
💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙
Esperamos que desfrutedes do video!!!


E para que sempre os recordedes aquí tedes a súa orla
E recordades o desfile exipcio?
Pasámolo de medo!!!



Ata sempre!!!!

miércoles, 17 de junio de 2020

#QUEDANACASA: RETOS EMOCIONAIS

Grazas familias!!!





#QUEDANACASA LVIII: DESPEDIDA DE 4 ANOS

A semana vai avanzando e seguimos coas despedidas deste curso tan singular. 
Hoxe tócalle aos nen@s de 4 anos, hoxe será o seu día, onde recordaremos o seu paso polo cole neste segundo ano para eles.
Bravo polas nenas e nenos de 4 anos!!!
Vémonos en setembro!!

 E os de 4 tamén teñen a súa orla
E recordades cando os masais de 4 anos invadiron a escola?
Foi ben divertido!!


Seguide ben atentos ás sorpresas desta semana!

martes, 16 de junio de 2020

#QUEDANACASA LVII: DESPEDIDA 3 ANOS

Chegan as despedidas e hoxe tócalles aos nen@s de 3 anos.
Recordaremos o seu paso pola escola neste curso tan peculiar.

Fai 9 meses que chegaban a escola, cos seus medos, inquedanzas...
non coñecían a escola, as profes, a clase, @s nen@s... pero pouco a pouco foron facendo amig@s, collendo confianza e...
 comezou a diversión!!! 
Pasando a formar parte da familia de barrionovo

Esperamos que o desfrutedes!!

E coma hoxe vai de recordos... aquí tedes a vosa primeira orla da escola.


lunes, 15 de junio de 2020

#QUEDANACASA LVI: ENCONTRO DESPEDIDA DO NOSO PROXECTO

Bo día familias!!

A nosa viaxe está chegando ao seu fin. unha viaxe que comezamos fai xa 9 meses!!! alá polo mes de setembro chegábamos a escola, e  comezábamos a nosa viaxe polo mundo.

Esta semana estará adicada as despedidas, hoxe despediremos o noso proxecto anual #mesturarte, que comezaba cunha viaxe virtual ao redor do mundo, buscando e coñecendo novas civilizacións e culturas.

Para esta investigación acudimos a nosa biblioteca, a axuda das familias, pescudas na rede, os compañeir@s...

Coñecimos os masais, exipcios, korowais, inuits... e compartimos as nosas investigacións
(preme na imaxe para recordalas)

E hoxe queremos compartir convosco un resumo de tódalas pescudas, que comezaron no cole, e seguiron na casa, coa vosa gran axuda.

Esperamos que o defrutedes!!!




Grazas a tod@s polo esforzo neste trimestre!!!

viernes, 12 de junio de 2020

RETO Nº5

Continuamos coa "Semana das emocións" e queremos lanzarvos un novo reto, no que nos encantaría que participara toda a familia.




Trátase de escribir o que sintades e máis reflexionar sobre os momentos pasados.
GRAZAS POR TODO!!

#QUEDANACASA LV: Cada día un conto...e os venres EnCurta "Os libros son para Valentes"

Hoxe recordamos esta curta de valentes, nestes momentos nos que a palabra "Valente" cobra gran importancia.

jueves, 11 de junio de 2020

RETO Nº4

Continuamos coa "Semana das emocións" e queremos lanzarvos un novo reto, no que nos encantaría que participara toda a familia.




Trátase de escribir o que sintades e máis reflexionar sobre os momentos pasados.
GRAZAS POR TODO!!

#QUEDANACASA LIV: Cada día un conto... "Juego de colores"


miércoles, 10 de junio de 2020

RETO EMOCIONAL Nº3

Continuamos coa "Semana das emocións" e queremos lanzarvos un novo reto, no que nos encantaría que participara toda a familia.



Trátase de escribir o que sintades e máis reflexionar sobre os momentos pasados.
GRAZAS POR TODO!!

#QUEDANACASA LIII: Cada día un conto ou unha poesía... "Paseniño, paseniño"

Esta poesía nos recorda coma debe ser a Volta a "Nova normalidade", coma para chegar a calquer destino na vida: "Paseniño, paseniño"

martes, 9 de junio de 2020

RETO EMOCIONAL Nº2

Continuamos coa "Semana das emocións" e queremos lanzarvos un novo reto, no que nos encantaría que participara toda a familia.


Trátase de escribir o que sentides e máis reflexionar sobre os momentos pasados.
GRAZAS POR TODO!!

#QUEDANACASA LII: Cada día un conto... "Sometimes I feel... Sunny"

lunes, 8 de junio de 2020

RETO EMOCIONAL Nº1

Nesta "Semana das emocións" queremos lanzarvos un reto moi especial, no que nos encantaría que participara toda a familia.


Trátase de escribir o que sentides e máis reflexionar sobre os momentos pasados.
GRAZAS POR TODO!!

#QUEDANACASA LI: Cada día un conto... "Un can e un gato"

"Semana das emocións"
Cada vez queda menos e nesta semana queremos
recordar contos elaborados na nosa escola coa axuda dos nen@s da nosa escola.
Grazas a tod@s por seguir aí!!

domingo, 7 de junio de 2020

#QUEDANACASA RETO ARTÍSTICO: APORTACIÓNS FAMILIAS

Transformar as nosas fotos en auténticas obras de arte. 
Queres ver como funciona?
Só tes que instalar a app Google Arts & Culture
E velaiquí os resultados:



viernes, 5 de junio de 2020

#QUEDANACASA: RECEITA SEMANAL

Aquí tedes unha rica receita para a fin de semana. Recordade coma sempre que a receita é un momento perfecto para traballar cantidades, cores, tamaños, formas... e tamén a lectoescritura se a reescribes ou fas a túa lista da compra.

#QUEDANACASA L: Cada día un conto e os Venres... EnCurta

Hoxe celebramos o Día Mundial do medio Ambiente

Comezamos con esta curta do ciclo da vida

E despois co reto desta semana, que queremos compartir e que nos axude a reflexionar


 E nestas do monticaño de Antón e Rai? Creedes que se poden tirar as cousas o chan?
Que vedes na imaxe que tomou anxo? Que deberiamos facer coas mascarillas e guantes? Onde se botan?
E nesta de Enma? Que pasaría se todos tirasen todo o chan?
E nesta? Creedes que é sitio para tirar cousas? Onde deberían estar?
Por favor, deixemos "Pegadas verdes no noso camiño"
Os nen@s nos dan algunha pista







martes, 2 de junio de 2020

#QUEDANACASA: RETO MEDIOAMBIENTAL

Comezamos un novo mes co noso calendario coma sempre

Este mes adicámolo a Julio Castro, fotógrafo coruñés aficionado a fotografía de paisaxes. 
Pois ben, esta semana, convertirémonos tamén en fotógrafos coma él. 
O venres, 5 de xuño, celebramos o día do medio ambiente e 
queremos que fotografedes calquera acción humana contra o medio ambiente 
(plásticos tirados, guantes, mascarillas, lixo en xeral...), e a mandes ao noso correo.
Despois falaremos e comentaremos estas fotos e a necesidade de cuidado do noso medio.
Aquí tedes un exemplo:

Que pasa na imaxe?, Que está a facer? Que debería facer?...
E se te animas... recicla algunha botella de plástico e manda a túa foto

Coidamos o noso planeta!!

#QUEDANACASA XLVII: Cada día un conto... "Shark in the park"

lunes, 1 de junio de 2020

#QUEDANACASA: RETO ARTÍSTICO

Este mes está adicado ao fotógrafo Julio Castro, por iso esta semana imos unir arte e fotografía coa nova app: Google Arts & Culture.

Imos transformar as nosas fotos en auténticas obras de arte. 
Queres ver como funciona?
Só tes que instalar a app Google Arts & Culture

Coa opción Art transfer, faste unha foto, elixes a que obra queres que se pareza e terás unha foto inspirada no cadro que elixiches.

E tamén hai outra opción moi divertida, Art Selfie, coa foto que che fagas poderás descubrir se existe algún retrato que se pareza a tí.
ANIMÁDESVOS A PROBALA?

#QUEDANACASA: Experimento da semana "Hielos mágicos"


#QUEDANACASA XLVI: Cada día un conto "Abrázame"