Este mes está adicado ao fotógrafo Julio Castro, por iso esta semana imos unir arte e fotografía coa nova app: Google Arts & Culture.
Imos transformar as nosas fotos en auténticas obras de arte.
Queres ver como funciona?
Só tes que instalar a app Google Arts & Culture
Coa opción Art transfer, faste unha foto, elixes a que obra queres que se pareza e terás unha foto inspirada no cadro que elixiches.
E tamén hai outra opción moi divertida, Art Selfie, coa foto que che fagas poderás descubrir se existe algún retrato que se pareza a tí.
ANIMÁDESVOS A PROBALA?
No hay comentarios:
Publicar un comentario