E @s nen@s seguen a completar o Espazo Fedelleiro.
Esta vez colocando as letras, impresas en 3D, que nomean un novo espazo bautizado por Anxo como : Pizarra Porta. A parte interior da porta de entrada forrada con veleda como un lugar de deseño e creación.
Despois de coñecer, na presentación do proxecto, as palabras significativas arredor das que iremos tecendo o traballo deste curso, o alumnado de 5 anos escribiu unhas cartelas para colocar ao pé das imaxes que nos acompañarán nesta viaxe polo noso país: