martes, 30 de enero de 2018

Impresión 3D: Agasallo Panadeiro

Este foi o agasallo que recibiu Juan por facernos pan neste Día da Paz.
No repositorio Thingiverse  atopamos unha rebanada de pan tan feliz coma nós. Engadímoslle unha etiqueta co lema do noso Día da Paz.

lunes, 29 de enero de 2018

Encontro cun panadeiro

Como moi ben dixo Valentina, o Espazo Fedelleiro transformouse en Espazo Panadeiro.
Juan, papá de Laura, panadeiro de oficio, achegouse á escola para facernos a masa de pan neste Día da Paz.


Pablo foi apuntando os ingredientes na Pizarra Porta:


Para amasar hai que tomar un bo almorzo:


Unha vez que  a masa levedou toca estirar:


E xa estamos listos para facer os nosos pans cos moldes impresos en 3D:



Coa masa restante Juan e Laura fixeron boliños e empezamos a fornear:


Juan firma no Libro de Visitas e Laura dalle o agasallo en nome de todos, agradecemos o tempo que nos dedicaches.
Levamos para a casa o noso pan etiquetado co lema do día.
Agardamos que a Paz teña un sabor tan bo como o do pan galego!!!


 

EncontXo: aquí es mi casa

Arrancamos o Día da Paz cunha lectura colectiva:




 "aquí es mi casa" convida a reflexionar sobre a importancia de non trazar liñas (reais ou imaxinarias) que nos illen ou illen aos demais.
 
         

EncontXo: Manuel Colmeiro


Achegámonos á figura e obra de Colmeiro grazas ao fantástico catálogo do Museo de Belas Artes.






Observamos e comentamos os cadros nos que se representa o ciclo do pan.
A sembra e crecemento:

A sega:

              
As panadeiras que fan o pan e o venden nas feiras:



 Visionamos máis da súa obra:

            

viernes, 26 de enero de 2018

EncontXo: Cociñando o Día da Paz con Álvaro Cunqueiro

Seguimos a quentar motores cara o Día da Paz. Achegámonos a figura de Álvaro Cunqueiro a través do seu libro  de Cociña Galega.
Ese escritor que dixo :

"Unha língua é boa cando sabe a pan,
cando sabe a pan fresco."

Ese pan, galego, que nos axudará a facer o papá de Laura:

 
 E que moldearemos coas creacións de Iria e Akram:

 
 Buscamos a Cunqueiro e a catedral de Mondoñedo no póster do País das Letras:





 

Venres de EnCURTAS: Night Light

jueves, 25 de enero de 2018

Impresión 3D: Cociñando o Día da Paz

Estanse a cociñar as actividades para o Día da Paz.
O alumnado de 5 anos coa app La pizarra de Lucas deseñou, nas mesas multitáctis, un corazon e unha pomba.


Tras pasalos polo Selva 3D, imprimímolos.

 

miércoles, 24 de enero de 2018

Impresión 3D: Torque

Imprimimos en branco o torque que nos acompaña desde setembro para identificar a Historia do noso país:


Dámoslle cor cun acrílico amarelo óxido de ferro.



Forramos un anaco de cartón con papel de seda marrón e pegámolo enriba:



 

Impresión 3D: Trisquel

Grazas ao deseño 100hex de Camcar imprimimos un molde co que perfilar o noso trisquel. 
Axudámonos de pasta de modelar branca e un paliño.
Unha vez seco démoslle cor con acrílico e esponxa.



Impresión 3D: Escáner

Onte pola tarde, as mestras, estivemos a probar o escáner 3D para poder implementar o seu uso co alumnado.
Escaneamos unha bobina de madeira e un dado brando e imprimimólos.



martes, 23 de enero de 2018

O Ciclo do Entroido: Domingo Fareleiro

Os xornais deste luns recollían a nova dos primeiros festexos do Entroido ourensá.
O terceiro domingo antes do Entroido, en Xinzo De Limia, abren os festexos co Domingo fareleiro .

Nesta batalla as únicas armas permitidas son o farelo e a fariña.
 
         

Encontro: Redeiras

Hoxe disfrutamos e aprendimos con Rosa e Mª Jesús da Asociaciación de Redeiras Illa da Estrela de Corme.
Posta en valor do traballo destas mulleres e da súa adaptación aos tempos actuais.
Coñecimos as artes de pesca da nosa terra e convertímonos en mariñeir@s e redeir@s.



lunes, 22 de enero de 2018