lunes, 29 de enero de 2018

Encontro cun panadeiro

Como moi ben dixo Valentina, o Espazo Fedelleiro transformouse en Espazo Panadeiro.
Juan, papá de Laura, panadeiro de oficio, achegouse á escola para facernos a masa de pan neste Día da Paz.


Pablo foi apuntando os ingredientes na Pizarra Porta:


Para amasar hai que tomar un bo almorzo:


Unha vez que  a masa levedou toca estirar:


E xa estamos listos para facer os nosos pans cos moldes impresos en 3D:



Coa masa restante Juan e Laura fixeron boliños e empezamos a fornear:


Juan firma no Libro de Visitas e Laura dalle o agasallo en nome de todos, agradecemos o tempo que nos dedicaches.
Levamos para a casa o noso pan etiquetado co lema do día.
Agardamos que a Paz teña un sabor tan bo como o do pan galego!!!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario