Despois de falar do día a conmemorar e recordar a Luis Seoane, que xa o están a traballar en arte, tivemos un encontxo moi especial, un conto creado polas mestras a partires dos seus cadros, relacionados coas árbores e paisaxes. Unha historia inspirada nunha fraga galega.
domingo, 31 de marzo de 2019
Encontxos BN: Día das Artes Galegas e Mes do Libro
Etiquetas:
Arte,
Arte Galega,
Día das Artes Galegas,
Mes do Libro
Ecopatrullas BN
viernes, 29 de marzo de 2019
jueves, 28 de marzo de 2019
Atelier Creativo V: Taller de Chapuzas
Esta semana comezamos un novo Atelier Creativo: o Taller de Chapuzas
Neste Atelier as nenas e nenos teñen diferentes propostas relacionadas coa montaxe e desmontaxe de aparatos electrónicos, o uso de ferramentas e composicións con materiais como tornillos, arandelas, etc. Nesta última poden inspirarse no libro " Imaxina animais" de Ed. Kalandraka
Aquí podedes ver como gozan co Atelier.
Etiquetas:
Atelier creativo,
Biblioteca Creativa,
Espazo Fedelleiro
Atelier Creativo IV: Minimundos
Durante estas dúas semanas no Espazo Fedelleiro temos diferentes propostas relacionadas co xogo libre e coa creación de minimundos.
En cada espazo hai preparados diversos materiais relacionados coa natureza, coa terra, animais, diseños de impresión 3D, etc.
Así, as nenas e nenos poder imaxinar e construir a través deles os seus propios mundos.
Etiquetas:
#somosdemonte,
Atelier creativo,
Biblioteca Creativa,
Espazo Fedelleiro
Encontro Hortícola: Tío Ainara Souto
Hoxe o tío de Ainara Souto visitounos para axudarnos a controlar a praga de pulgón do noso limoeiro.
Como queremos evitar o uso de produtos químicos na escola ensinounos a elaborar un preparado a base de leite e auga que crea unha película que asfixia ao pulgón.
Con este preparado todas e todos puidemos participar na fumigación da árbore.
Finalmente como todas as visitas que recibimos no centro, Ramón asinou o noso libro de visitas e recibiu un agasallo da Biblio BN. Moitas grazas Ramón polo túa colaboración!
Etiquetas:
#somosdemonte,
Encontros,
Familias,
voz natura
martes, 26 de marzo de 2019
Martes Poesía-Express: Gloria Fuertes
Este martes foros os nen@s de 4 anos os encargados de elaborar a poesía express. A través do stopmotion crearon as paisaxes das poesías de Gloria Fuertes.
Despois xa na clase traballaron a poesía e a ilustraron.
lunes, 25 de marzo de 2019
Guía de lectura: Spring into Spring
domingo, 24 de marzo de 2019
#somosdemonte: Bits 8
viernes, 22 de marzo de 2019
Venres de Encurtas: Día internacional dos Bosques
Día dos Bosques e da Poesía
Hoxe celebramos o día dos bosques e da poesía cunha saída pola Fraga de Sisalde e a lectura dunha poesía a carón do noso horto.
miércoles, 20 de marzo de 2019
Encontro #somosdemonte: Iago e a súa Nai
Hoxe visitounos Raquel, a nai de Iago, e xuntos contáronnos que é o Plumacho, unha planta invasora que é difícil de erradicar e interfire no crecemento doutras plantas autóctonas.
Tamén nos falaron da súa procedencia, nome científico...
Moitas grazas Familia por vir a Nosa biblioteca a compartir información!
Etiquetas:
#somosdemonte,
Encontros,
Familias
viernes, 15 de marzo de 2019
jueves, 14 de marzo de 2019
Encontros BN: Plan de xestión de residuos
Hoxe tivo lugar no centro un obradoiro no que aprendimos un pouco máis da xestión de residuos.
Dende o concello viñeron a contarnos en qué consiste o seu plan de xestión, e a presentarnos os novos contedores instalados en todo Arteixo.
Falamos da necesidade de reciclar e cómo debemos facelo.
Por último puxemos en marcha o aprendido botando cada cousa no colector correspondente.
Despois, xa nas aulas, aproveitaremos para traballar unha recente noticia do xornal que fai referencia a instalación deste novo sistema de xestión e que foi a noticia destacada no noso novo recuncho da Hemeroteca.
Etiquetas:
Encontros,
prensa,
reciclar,
Semana da Prensa,
voz natura
miércoles, 13 de marzo de 2019
Martes Poesía-Express: Poesía Multisensorial
Este martes a profe Silvia presentóunos unha marabillosa poesía visual e sensorial.
E despois de disfrutala...puidemos sentila!!
lunes, 11 de marzo de 2019
Celebrando o 8M na BiblioBn
Hoxe celebramos o día da Muller na BiblioBn visionando o video realizado polos nen@s, a semana pasada, das nosas mulleres traballadoras.
Depois tivemos un Encontxo
"La vida secreta de las mamás"
Para este encontxo tivemos a visita dunha detective que nos descubriu unha morea de cousas das que fan as nosas mamás traballadoras.
Por último, aproveitando que comeza a semana da prensa, e tiñamos prensa que falaba do 8M, inauguramos o novo recuncho da BiblioBN, a HEMEROTECA.
Este recuncho contará cun espazo para noticias destacadas
Nel iremos colocando os xornais que a diario chegan a escola, e xa estamos a utilizar nas aulas no traballo diario.
Por último botamos unha ollada aos xornais destes días, e descubrimos, que o do día 8, trae moita de información do Día da Muller Traballadora, polo que o aproveitaremos para seguir traballando estes días.
Etiquetas:
Día da Muller,
EncontXos,
Semana da Prensa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)