sábado, 29 de diciembre de 2018

Vimos do Monte

Videoclip elaborado coas familias empregando o Croma para pechar o primeiro trimestre de #somosdemonte.

Deseño e Impresión 3D: Dado e Logo Escornabot

Na aula de 5 anos decidiron crear un dado co logo do escornabot, nunha das súas caras, para as nosas plantillas. 
Primeiro temos que pasar o logo a negro e o facemos co Paint na nosa nova pantalla táctil do Espazo Fedelleiro e o punteiro. (Todo adquirido grazas a Arteixo Innovación).



Unha vez lista subimos ao Selva 3D.


Co Tinkercad xuntamos o dodecaedro e o logo do escorna nunha peza única.


Finalmente redimensionamos no Cura para poder imprimir.


E aquí o resultado!

viernes, 28 de diciembre de 2018

Obradoiro de Cociña no Nadal: Galletas de Xenxibre

O Fedelleiro convertíuse de novo nun Obradoiro de Cociña. Todo partíu dun conto traballado nas clases de Inglés...



Con el aprenderon vocabulario xogando co escornabot, cunha nova plantilla relacionada con esta historia.


Elaboraron tamén un libriño da receita coa forma do Gingerbread Man.


Démoslle forma a esta receita cun Obradoiro de cociña no Fedelleiro. Os moldes empregados fabricáronse específicamente para a ocasión coa nosa impresora 3D. Os deseños foron extraídos do Thingiverse.


E por se fora pouco, agasallo dun molde realizado na impresora 3D que xunto coa receita, levaron para casa para poder volver cociñar coas familias os Gingerbread Men de novo.



martes, 18 de diciembre de 2018

Encontro #somosdemonte "As familias contan": Videoconferencia co tío de Artai

Este luns tivemos a sorte de falar por videoconferencia co tío e padriño de Artai, que ten unha profesión moi de monte, coma o noso proxecto. É Enxeñeiro Forestal polo que nos falou da súa profesión, en que consiste, como nos benefician os montes, como os debemos coidar e que cousas podemos facer para contribuír a sostenibilidade dos mesmos e do planeta.
Tamén preguntámoslle algunha cousa e máis falamos doutras que aprenderamos co noso proxecto.
Moitas grazas por participar, aínda estando lonxe!!!
Grazas por aportar tanto ao noso proxecto e aprender en comunidade.
E aínda que esteamos lonxe...faremos chegar o agasallo da Bibliobn.

Martes Poesía-Express: Silly Sally


Hoxe Katrina deleitounos cunha poesía en Inglés empregando o Escornabot, Silly Saly by Audrey Wood.





Para rematar bailamos xuntos a canción de Silly Sally.


viernes, 14 de diciembre de 2018

Encontro #somosdemonte "As familias contan": Artai e o seu pai

O pai de Artai visitou a nosa biblioteca para falarnos sobre os cogomelos. Moitas veces van o monte a recollelos. Contounos onde os adoitan atopar, cales se poden coller e algunha curiosidade de cada un deles. Ademáis tróuxonos algunhas mostras dalgúns que recolleran estes días.
Moitísimas grazas por participar!
Cada día aprendemos un montón de cousas novas.



martes, 11 de diciembre de 2018

Encontro #somosdemonte "As familias contan": Miguel e a súa Nai

Miguel presentóunos, coa súa familia, a información do proxecto #somosdemonte.
Tróuxonos unha representación do Monte Breamo, en Pontedeume. Falounos das especies de flora e fauna que alí podemos atopar. Tamén contaron unha lenda que envolve o monte.
Magnífica presentación coa que aprendimos un montón máis dos nosos montes.
Grazas familia!




domingo, 9 de diciembre de 2018

Minimundo: Monte en 3D

Estes días no taller TIC, coa profe Lara, estivemos a traballar cunha nova ferramenta 3D, Doodle 3D.
É unha ferramenta moi sinxela, e intuitiva, na que os nen@s poden ver o seu deseño 3D simultáneamente, e rectificar o que queiran.
E coma o noso proxecto leva por título "Somos de Monte", estamos a debuxar o noso monte, animais, vexetación...

 Despois de traballar nela, os nen@s poden gardar fácilmente, premendo na imaxe do disquete, e tamén podemos exportar directamente ao formato que nos interesa para imprimir en 3D.
 E velaquí tedes o magnífico resultado das primeras impresións. Seguiremos creando e imprimindo ata ter un pequeno "minimundo" do monte, co que despois xogaremos.


viernes, 7 de diciembre de 2018

Atelier Creativo no Espazo Fedelleiro

Este mes preparamos, dentro do noso Espazo Fedelleiro, un "Atelier creativo" cos materiais de refugallo que alí temos.
Cada aula poderá ir pasando polo mesmo, en pequenos grupos, para crear o seu adorno de nadal, que despois colgaremos da nosa estrutura de madeira a modo de instalación navideña.

Incluso antig@s alumn@s participaron o martes pola tarde coas súas familias.
Aquí tedes as primeiras creacións!

martes, 4 de diciembre de 2018

Martes Poesía-express

Este martes a poesía express veu acompañada de música.
Alba presentóunos este video dun poema de Miguel Anxo Romero López musicado por Bárbara Mourelo e voz de Leandro Lamas.

E dun poema que falaba dunha muller a un calendario que fala de mulleres.
O Calendario 2019 de José Suárez "MULLERES", que presentamos hoxe na BiblioBn.

domingo, 2 de diciembre de 2018

EncontXo Día das Persoas con Discapacidade

Neste día tan especial escoitamos a historia de "CÁNDIDO e os demais" que nos fala da diferenza e a diversidade.


Presentamos unha nova etiqueta temática, a dos libros que nos falan de Diversidade e Integración, os carriños coa selección destos fondos e mais a Guía Sementes de Capacidade.




Feliz Día da DiVeRsIdAdE!!!

Peche do Mes da Ciencia en Galego

Este venres recibimos de novo a "Celsa Ferrín", irmá de Antonia Ferrín, que se achegou a BilioBn para ver como nos foran os experimentos que nos propuxo na anterior visita.
Cada aula explicou e compartiu o seu experimento, observación, hipóteses, resultados e conclusións.
 Aula de 3 anos: "Crecepelo"
 Aula 4 anos: "Regando con auga e zume"
 Aula de 5 anos: "Buscando a luz"
 Por último, a nosa particular científica, propúxonos un último experimento de peche: "Ovos e vinagre"...que pasará?