lunes, 21 de junio de 2021

Encontros BN: "Experiencias dunha peregrina"


Hoxe visitounos unha peregrina moi coñecida por todos e todas, Lorena, a mamá de Antón.

Contounos a súa experiencia como peregrina adolescente dende Francia ate Santiago percorrendo moitos paraxes das xeografías francesa e española.

Ensinounos moitas fotografías e ate unha noticia de prensa que recollía a súa viaxe.

Para rematar, coma sempre, agasallo en 3D e sinatura no noso libro de visitas.

Moitas grazas, Lorena! 
Encantounos a túa visita.



martes, 15 de junio de 2021

EncontrosBN: Experiencias nun Albergue


Este martes coñecimos a Jose Luis, "hospitalero" en Sarria, lugar de paso do camiño de Santiago Francés.
Jose Luis recíbenos na Pensión "El Bordón del Batallón" a que chegan a diario peregrinos que precisan de descanso no seu camiño hacia Santiago de Compostela.
Con él aprendimos moitas anécdotas do camiño coma a da sinalización coas frechas amarelas ou lendas do camiño.
Moitas grazas polo teu tempo e a sabiduría do camiño!!




viernes, 11 de junio de 2021

Venres de encurtas: El efecto boomerang

 

Despedida da aula laranxa

Como non podía ser doutro xeito, durante a festa de fin de curso adicamos un espazo moi importante á despedida da aula laranxa. 

Os nosos nosos nenos e nenas fanse maiores e teñen que partir cara outros coles mais agardamos que a calidez de Barrionovo, das súas mestras e compañeir@s @s acompañen sempre.

Querémosvos pequech@s!

miércoles, 9 de junio de 2021

ENCONTROS BN: VOO


Durante a festa de fin de curso tivemos a sorte de contar coa actuación de Ánxela Blanco con Voo, unha peza de danza na que emprega unha estrutura de palitroques.
Grazas a ela puidemos coñecer este novo material que cobrará protagonismo de cara ao curso que vén como posible recurso co que o alumnado cree estruturas para o redeseño do noso patio.
Grazas inmensas por compartir con nós o teu arte, Ánxela.
 


martes, 8 de junio de 2021

ENCONTROS BN: AGACS

 


Onte visitábannos Manuel e Begoña, presidente e vicepresidenta da AGACS (Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago), quenes ademais son hospitaleiros.

Contáronnos en que consiste o seu traballo, onde están os seus albergues e déronnos valiosa información que nos servirá para culminar a última etapa do noso proxecto.

Agasalláronnos con varios libros e cunha bolsa que empregan os peregríns e peregrinas para manter limpo o Camiño.

Por último fixémoslles entrega duns cartaces plurilingües feitos por nós mesm@s en papel reciclado nos que damos indicacións aos peregríns sobre como coidar o Camiño.

Agardamos fotos deles colgados nos seus albergues!
Grazas por compartir a vosa grande experiencia connosco!





jueves, 3 de junio de 2021

Barrionovo quere patio novo

Estamos inmers@s nun proceso participativo de renaturalización do patio da escola, pero isto xa o sabedes porque sodes parte del.

Este cambio é preciso para ser coherentes co noso ideario e a nosa pedagoxía.

Os nenos e nenas son @s protagonistas deste cambio e o resto de axentes participantes (mestras, arquitect@s, familias, administración) somos facilitadoras. O noso cometido é facer que se sintan acompañad@s neste proceso de toma de decisións e empoderamento persoal.

O fin da educación é o desenvolvemento integral do alumnado mais se queremos chegar a adult@s responsables capaces de participar nas esferas de decisión da propia comunidade, debemos promover dende a infancia dita participación, decisión e interese polo común.

Compartimos con moito agarimo o seguinte vídeo onde resumimos a experiencia deste curso que, malia ser atípico, conseguimos pintar de cores e avanzar cara un Barrionovo máis auténtico, máis noso.

Grazas a tod@s @s que o facedes posible cada día.
#Barrionovoquerepationovo


#Barrionovoquerepationovo from biblio BN on Vimeo.