miércoles, 24 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA

 Hoxe celebramos o día de Rosalía. Como sabedes, durante este día tan especial levamos a cabo a gravación do videoclip do novo éxito das PUNK&BLUES teachers, Rocksalía. Para isto empregamos a técnica croma.


Velaí o resultado:

E como na nosa escola rebosamos arte en todas as súas expresións, rematamos o día acuarelando o retrato desta icónica poetisa galega.





domingo, 21 de febrero de 2021

Novas adquisicións para o Espazo Fedelleiro

 


Chegan novas adquisicións, entre elas un xogo do Camiño de Santiago, que adaptamos para comezar a xogar.


jueves, 18 de febrero de 2021

Encontros BN na rede: Clara Cerviño, Ilustradora científica

Grazas a Clara por compartir con nós a labor dunha ilustradora científica e a súa importancia.
Os seus consellos servirán para iniciar un Taller de Ilustración nas aulas ao redor do Camiño.



 

BITS 6

viernes, 12 de febrero de 2021

MADRIÑAS E PADRIÑOS

Queremos dar as gracias ás persoas e entidades que, desinteresadamente, están a colaborar con nós e nos proporciónan valiosa información para o noso proxecto.

A Asociación Galega de Amigos do Camiño facilitounos o acceso a credenciais, panfletos informativos e agasallounos as súas marabillosas revistas e un libro.


Por outra banda Jennifer, a nosa auxiliar de conversa irlandesa vén de agasallarnos un libro informativo sobre o Camiño de Santiago explicado aos nenos e nenas en inglés.

Grazas pola vosa axuda!

Venres de EnCurtas: A Mázcara

 

jueves, 11 de febrero de 2021

Mandadiño Xoves

 

Día Internacional da muller e a nena na ciencia: Científicas e vacunas

Hoxe Barri, a nosa mascota, seleccionou para nós estes videos e unha noticia ao redor das vacinas e as mulleres científicas galegas que están a investigalas, na Universidade de Santiago de Compostela.

Tamén recordamos a Isabel Zendal, pioneira que conseguiu enviar a vacina da variola a América




Nas clases traballaremos a noticia e escribiremos o titular




martes, 9 de febrero de 2021

jueves, 4 de febrero de 2021

Enfermería Escornabótica

 Os escornabots traballan arreo polo que de cando en vez teñen que pasar pola Enfermería


martes, 2 de febrero de 2021

RETO 4 #camiñanteSIhaicamiño: O Camiño Francés

 No Nadal visitóunos o Apalpador e deixou un reto para este trimestre, investigar sobre o camiño que pasaba preto de onde él vive. 

Todas as aulas comezaron as pescudas e xa chegan as primeiras aportacións, algunhas a pesar do confinamento.

AULA LARANXA

"Etapas do Camiño Francés"


Preme na imaxe para ver máis

AULA AZUL
"Os animais do camiño Francés"
Na aula Azul despois da información aportada por Alejandra xa teñen moi claro cómo se pode facer o camiño e grazas o Apalpador souberon que hai outros camiños, que comezarán a investigar a través dos animais que viven nel, queres acompañalos?

Preme na imaxe para ver máis

AULA ROSA
"O Camiño Francés"
Na aula rosa despois de trazar o Camiño Inglés comezan a facer o mesmo co Camiño Francés.
1ªEtapa: O Cebreiro
Preme na imaxe para ver máis

Martes Poesía-Express: Imagine

Esta semana seguimos celebrando a Paz a través deste magnífico conto basado na canción de John Lennon e que nos interpreta Katrina

 

Tamén podedes desfrutalo en lingua de signos

lunes, 1 de febrero de 2021

Día da ilustración 2021: Lolita Díaz Baliño

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de Xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.
Ademáis de lembrar o papel dos profesionais da ilustración, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é Lolita Díaz Baliño


Na escola traballaremos o seu legado a través desta magnífica ilustración dunha peregrina de camiño a compostela.


 

Día da Paz 2021: Pedras no camiño

Este Venres celebramos simbólicamente o Día da paz  a través das pedras do camiño, camiño que procura o equilibrio a pesar das pedras que nos poidamos atopar.

Así no Espazo Fedelleiro a través dun Atelier, ao longo de toda a semana, cada grupo e foi construíndo o seu camiño, continuando o traballo dos compañeir@s.

 

Despois, xa no patio, puidemos desfrutar da nova creación das "Pink and Blue Teachers", O Rock do camiño titulado "Peace is the PATH"


E para os que queirades cantar... aquí tedes a letra