A nosa caravana da música non para de viaxar!!! esta vez clave de sol e clave de fa invitaron a un amigo moi coñecido a súa próxima viaxe... cal será o seu destino?
Queredes ser uns auténticos indi@s coma sisika e tiwa? vestidevos de indi@s, bailade a súa canción e pensade o voso nome indio! Podedes mandar un vídeo presentándovos nos dous idiomas ou unha foto co voso nome indio!
Coma tódolos venres unha receita para desfrutar a fin de semana.
Recordade que a través dela podemos traballar moitos aspectos matemáticos (conteo, pesos, pasos...), lectoescritura (lista da compra, documentación receita-escribindo os pasos con fotos por exemplo)...
Hoxe celebramos o Día mundial do Libro e comezamos con este díptico, da man de Manuel gago e Harold Iglesias.
Dende a BiblioBn mandamos un reto, "Se eu fose un libro... Que sería?" E velaiquí o resultado coas achegas das familias.
Grazas a tod@s por participar!! Ademáis tamén pedimos as familias, coma tódolos anos polo mes do libro, que se animaran a ler contos e... Aí vai o primeiro!
Grazas familia!!! E coma non podemos levar o noso agasallo do día do libro, aquí vos deixo un agasallo virtual "Cóntame un Conto"
(que poderiades facer na casa con pedras, tapóns, chapas...) Debuxamos diferentes cousas que nos den pé a inventar unha historia, metemos na bolsa (caixa...) e imos sacando unha por unha e inventando a nosa historia (según o que as imaxes nos van suxerindo) Animádevos a xogar en familia!!!
Por último... "Guía de lectura do Día do Libro"
Preme en cada imaxe para máis información Bo Día do Libro!!
Polo día do libro infantil presentamos este conto "Si yo fuese un libro", de Jose Jorge Letria e André Letria, da Ed.Juventud e propuxemos esta actividade para o mes do libro.
E se ti foras un libro...
Anímate a pensar que farías se ti foses un libro, escríbeo e fai o teu debuxo inspirándote nas imaxes do conto.
Podería quedar algo así:
Manda un audio dicindo o que che gustaría ser ademáis da foto do teu debuxo ao noso correo abibliobn@gmail.com
Como xa dixemos noutras ocasións unha receita permite traballar un montón de aspectos e competencias (lingüística, matemática, artística...) a través dunha actividade divertida na que pode participar toda a familia. o seu traballo podería comezar xa na lista da compra para o súper, preparación de ingredientes e utensilios, medidas, cores, lectura, orden na receita... e por último poderíamos escribir ou documentar a nosa receita. Pois aquí vai a nosa proposta para esta fin de semana! Esperamos que vos guste!!
"UNHA FESTA PARA OS OLLOS E UN DESAFÍO PARA A MENTE", así presentan a súa obra
Bob Waardenburg, Stijn Van der Vleuten e Marcia Nolte pasaron os últimos anos transformando obxectos e materiais do noso día a día en auténticas obras de arte. Reivindican que estamos a perder o gusto por gozar do que nos rodea, por iso queren revalorizar a súa calidade, deseño, natureza, ensejo, cores... xa que están a perder a súa belleza debido ao descuido con que o usamos e a facilidad con que os tiramos. Estes tres artistas holandeses primeiro pensan no material e no espazo e aí empeza... A obra de arte, unha alfombra con elementos coma esponxas de fregar, pinzas da roupa, parafusos, botóns... Son alfombras construídas a man con materiais cotiáns, cunhas combinacións extraordinarias. O máis curioso é a súa capacidade de ofrecer nas súas obras elementos sorpresa unha e outra vez, transformando objetosAdo día a día en absolutas obras de arte. Atrevédesvos a adiviñar de que están feitas?
E agora... eres quen de facer a túa alfombra con materiais de refugallo que atopes pola casa? Saca unha foto e envía a túa obra de arte ao noso correo abibliobn@gmail.com
Fai uns días lanzamos un reto musical para sacar o lado positivo deste momento que estamos a pasar. Aquí tedes o magnífico resultado. Eu quedo na casa! Esperamos que o desfrutedes!