jueves, 30 de noviembre de 2017

Unha de Romanos !!!

Seguimos avanzando con pé firme, como as lexións romanas, na Historia do noso País.
E así é que ata aquí, e moitos outros sitios máis, chegarón as tropas do Xulio César e outros emperadores, para formar o chamado Imperio Romano.


Callaecia pasou a charse Gallaecia e a ser unha das provincias romanas. Aquí establecéronse varios campamentos, dos que aínda quedan vestixios:

 
Estableceron un sistema de calzadas para favorecer as comunicacións:


E deixaron moitas pegadas na arquitectura civil: pontes, faros, murallas, oratorios...


 mosaicos, termas...


Fundaron cidades como Lucus Augusti, pero tamén obtiveron moitos beneficios da explotación mineira (ouro, prata e estano) que fixeron ao carón dos ríos ou a ceo aberto:


Despois pasamos a rexistralo na nosa liña do tempo:




Tedes máis información no seguinte vídeo:

        

miércoles, 29 de noviembre de 2017

A Volta a Galicia no Museo de Belas Artes

Hoxe visitamos o Museo de Belas Artes para dar unha volta a Galicia a través da súa música e da súa arte.


Asociamos cada obra escollida cunha das categorías do proxecto: País, Literatura, Mitoloxía, Gastronomía, Arte, Folclore, Historia, Patrimonio, Natureza e Lingua.


As buscamos no panel, escaneamos o QR e escoitamos a peza musical.




De volta na escola realizamos un mural coas preciosas acuarelas que nos deron no Museo en cada obra.






viernes, 24 de noviembre de 2017

Dándolle unha Volta á Igualdade en Familia


EncontXo 25N: A Historia en Feminino


Hoxe recibimos a visita de Ana hermida quen, como todos os anos por esta data, nos conta a Historia en Feminino.
Este ano e dentro do proxecto anual, falounos de mulleres que fixeron e fan historia en Galicia.


Presentounos todos as rúas de arteixo que levan nomes de muller, algúns moi coñecidos por nós :


Moitos nomes e historias femininas sobrevoaron a biblioBN, agardemos que deixen pegada:

Agradecemos a Ana a súa visita e que nos faga pensar sobre o papel das mulleres na nosa Historia:


Esta actividade conta coa subvención do CIM de Arteixo.

jueves, 23 de noviembre de 2017

Encontro Día Da Música: Instrumentos Tradicionais Galegos


Hoxe María, a mamá de Artai, deleitounos cun Encontro Musical con Instrumentos Tradicionais Galegos.



Pandeireta, tamboril, castañolas, gaita... Gozamos coñecéndoos e escoitándoos.


Agradecémoslle a visita cun orixinal agasallo en 3D.



Moitas Grazas! O pracer foi noso!

Impresión 3D: Lazos 25N


Co programa Selva3D obtemos a imaxe do lazo para imprimir.
Pegarémolos mañá, coas nosas familias, para "darlle unha volta á Igualdade".

 

Impresión 3D: Agasallo no Día da Música

Hoxe recibimos á mamá de Artai para darnos acoñecer instrumentos tradicionais galegos e facernos disfrutar coa súa música.
Agradecémoslle a visita cun agasallo en 3D, xa que é unha muller que sempre luce uns complementos moi orixinais:



 

Timelapse pola Igualdade

Con María lembramos o significado do lazo morado que está na traseira dalgúns libros da biblioBN:

 

E poñémonos mans á obra:



Éste é o resultado:



Moitas grazas a María, mamá de Artai, por prestarnos a súa voz e a súa pandeireta.


miércoles, 22 de noviembre de 2017

Día da Música coa app Tiny Tap

Hoxe, Día da Música, o alumnado de 4 anos un xogo educativo sobre instrumentos tradicionais galegos. Xunto con Aida, crearon o xogo na app Tiny Tap para coñecer mellor a nosa música.
Sacaron as fotos e gravaron os sons dos instrumentos que eles mesmos tocaron.
Xa temos o xogo nos ipads de todas as aulas para aprender co seu traballo.




Despois Artai anticipounos a visita da súa mamá cunha selección destes instrumentos e Pablo presentounos unha canción de Pablo Díaz que dará moito que falar:


Guía de Lectura 25N: Dalle unha Volta á Igualdade



domingo, 19 de noviembre de 2017

Encontro: Carta Xeométrica de Galicia

Recibimos a visita de Juan para que nos fale da Carta Xeométrica de Galicia. Un topógrafo que se dedica á medición de terras e ao debuxo de mapas, igual que Domingo Fontán.



Grazas ao seu esquema comprendemos, por fin, qué iso da triangulación que empregou Fontán para crear o seu mapa de Galicia. Como subía aos montes e media co seu teodolito a distancia con outros para despois calcular os ángulos:


Explícanos as escalas que aparecen en metros, leguas e millas. Os accidentes xeográficos representados, porque é un mapa físico:


Despois amósanos o aparello importántisimo par non perderse cando un vai a medir ao monte:




Pero, según Juan, a Fontán se lle olvidou poñer algo no mapa: onde está o tesouro!!!


Buscámolo coa axuda do escornabot:


Agradecemos a Juan a súa visita cun agasallo en 3D:

Mensaxe nunha Botella

Este venres, ao entrar do recreo, descubrimos que unha botella arribou ao Espazo Fedelleiro:



Tod@s xunt@s tentamos averiguar: "por que hai unha praia coa Torre de Hércules?, que leva dentro a botella?, un mapa dun tesouro?, unha carta que alguén nos envía?..."


Iago atrévese a desvelar o misterio:


Efectivamente!!! unha carta chega da ruta do Cantábrico Leste para covidarnos a asumir un reto que axude a mellorar a vida dos nosos océanos. Unha carta que comezou a súa ruta no País Vasco e entrou a Galicia por Viveiro, seguiu por As Pontes, Ortigueira e Oleiros ata arribar en Barrionovo:


Escaneamos o código QR da carta para acceder a páxina deste evento: Mensaje en una botella.


Asumimos o retp de limpar unha praia e crear esculturas mariñas co lixo recollido: