domingo, 19 de noviembre de 2017

Mensaxe nunha Botella

Este venres, ao entrar do recreo, descubrimos que unha botella arribou ao Espazo Fedelleiro:



Tod@s xunt@s tentamos averiguar: "por que hai unha praia coa Torre de Hércules?, que leva dentro a botella?, un mapa dun tesouro?, unha carta que alguén nos envía?..."


Iago atrévese a desvelar o misterio:


Efectivamente!!! unha carta chega da ruta do Cantábrico Leste para covidarnos a asumir un reto que axude a mellorar a vida dos nosos océanos. Unha carta que comezou a súa ruta no País Vasco e entrou a Galicia por Viveiro, seguiu por As Pontes, Ortigueira e Oleiros ata arribar en Barrionovo:


Escaneamos o código QR da carta para acceder a páxina deste evento: Mensaje en una botella.


Asumimos o retp de limpar unha praia e crear esculturas mariñas co lixo recollido:




No hay comentarios:

Publicar un comentario