lunes, 31 de marzo de 2025

A BiblioBN invita ás familias a ler na Biblioteca

Durante todo o mes de Abril a biblioteca da Escola de Barrionovo invita ás familias a ler un conto na nosa biblioteca.

Só tes que falar coas mestras, escoller data e hora, e elas vos axudarán a escoller un libro da nosa biblio.

Animádevos a compartir a vosa lectura!






jueves, 20 de marzo de 2025

Xornada de formación: PLAMBE

 Hoxe participamos na Xornada de formación para coordinadoras das bibliotecas escolares. Xornadas nas que aprendemos, reflexionamos e compartimos experiencias.



lunes, 17 de marzo de 2025

Día da poesía e dos bosques

Este semana celebramos o día da poesía e dos bosques cunha lectura no patio do libro “Versos del Bosque”

Pola tarde, en familia, limos e representamos eses versos, para despois, apoiándonos no “Libro de los palos”, facer os nosos bosques modelados en barro.






 

lunes, 10 de marzo de 2025

Tardes de Biblio: “Las niñas o cómo suceden las cosas”

Este luns para conmemorar o 8M limos un poema de Mar Benegas do conto “Las niñas o cómo suceden las cosas”

Despois estivemos a preparar os carteis para un Lipdub do 8M que estamos a preparar  nestes días a partires da canción “Varre Vasoira” de Fillas de Cassandra