martes, 31 de octubre de 2017

E os que non teñen medo recibiron o seu agasallo

Á saída da escola, os encargados de cada aula entregaron os carnés cubertos e tod@s recibiron o seu agasallo.
Xa podemos marcar as nosa lecturas porque ... QUEN DIXO MEDO?





 

Martes-Poesía Express: Samaín


A Poesía Express tamén se viste de Samaín...
Lectura á luz das candeas :





 

lunes, 30 de octubre de 2017

Cociñando no Espazo Fedelleiro: Samaín

Porque no Espazo Fedelleiro tamén creamos cociñando ...


aí vai unha receita para o Samaín: Salchimomia




Rexistramos os ingredientes na Pizarra Porta:




"Rodillamos" (estiramos) a masa:


Cortamos en tiras:


Enrolamos as salchichas coa masa:


Listas para fornear:


Poñémoslles uns olliños de Ketchup:


E a comer !!!


Rotulando en 3D: Muro Lego

Como xa sabedes, estamos a empregar a impresora 3D para rotular os espazos da biblioBN e o seu Espazo Fedelleiro.
Buscamos no repositorio Thingiverse pezas lego rotuladas e as modificamos:


Xa impresas colocámolas no muro:



domingo, 29 de octubre de 2017

Venres Fedelleiro

O alumnado de 5 anos apoderouse durante dúas horas do Espazo Fedelleiro para rexistrar información, debuxar, pintar, gravar e crear ... Quen da máis?




Okupación Escornabótica: De volta por Galicia

Este venres, as mochilas partiron da escola para okupar as casas das nosas familias.
Durante este curso os escornabots acompañaranvos nunha viaxe polo noso país:





Mitoloxía: Trasnos e Mouras

No EncontXo co Noso Samaín apareceron dous nomes dos que quixemos saber máis, dous nomes que forman parte da mitoloxía galega. Trasno e Moura.
Buscamos máis información na Pequena Mitoloxía de Galicia.


E despois rexistramos graficamente a descrición lida:





Finalmente, engadimos estas imaxes na galería coas palabras clave do proxecto:


miércoles, 25 de octubre de 2017

martes, 24 de octubre de 2017

EncontXo: O Noso Samaín


Arrancamos coas lecturas da Guía: Quen dixo Medo?


Coñecemos a orixe da festa do Samaín remontándonos aos tempos dos castrexos:

Afondamos ne época castrexa co libro Galicia,nosa ledicia e o mapa da prehistoria europea:

Guía de Lectura: Quen dixo Medo?





Día da Biblioteca 2017



Celebrámolo co seguinte programa:

  • A volta a Galicia nunha Biblioteca
  • Faladorio: "Nós e as Bibliotecas"
  • Participación na convocatoria  #EstoyenlaBiblio e #DíaDeLaBiblioteca


Comezamos a xornada dando unha volta pola rede de bibliotecas de Galicia. Coñecemos os espazos que adican ao público da nosa idade e aos persoeiros que dan nome a algunha delas:

 

      

De seguido, visionamos o Faladoiro no que as familias e mestras falamos de Bibliotecas:



E gravamos as nosas opinións sobre o que é unha biblioteca:

domingo, 22 de octubre de 2017

EcontXo co Bestiario de Galicia III

Coñecemos os libros da biblioBN que nos falan de Maruja Mallo para poder traballar as cunchas das súas naturezas vivas: