jueves, 29 de abril de 2021

Mes do libro: As familias contan "Yaya de Kevin, Bryan y Michael"

 Al ataque!!un magnífico conto que mostra a capacidade dos nen@s de imaxinar convertíndose incluso en Piratas.

Grazas a Isa por lernos este estupendo conto da editorial Carambuco e seguir a participar das propostas da nosa BiblioBN

Al ataque! from biblio BN on Vimeo.

miércoles, 28 de abril de 2021

Mes do libro: As familias contan "Aria e avoa"

 Seguimos a recibir fantásticos contos en familia e coma non podía ser menos as avoas son unha parte ben importante!

Grazas Manolita pola fantástica lectura!!


martes, 27 de abril de 2021

Poesía express: Algo que escribir

Como moitas e moitos sabedes, Pablo Mariño, o papá de Galicia e membro activo da ANPA, vén de editar un precioso poemario titulado Nocturnia 46.

Para pechar o mes do libro, fixemos noso un dos seus poemas titulado "Algo que escribir" que vos presentamos neste último martes de Abril de poesía express.

Grazas, Pablo!

domingo, 25 de abril de 2021

sábado, 24 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

Este venres celebramos o Día do Libro cun EncontXo moi especial, un EncontXo dende o novo recuncho de lectura do noso patio, o "Recuncho de Contar"
A aula laranxa foi a encargada de facernos unha videochamada dende alí e lernos o conto "No tengas miedo Cangrejita", de Nube Ocho.
Cada semana unha clase recomendará un conto para este recuncho, que poderemos ver en días alternos debido as corentenas precisas.






 

jueves, 22 de abril de 2021

Día do Libro 2021: Recuncho de lectura no patio e Bookcrossing

Todo preparado para a inauguración dun novo recuncho de lectura, recomendación e intercambio de libros no noso patio.
Xa que este curso non nos vemos no patio deixaremos recomendacións lectoras para as outras clases, coa previa corentena correspondente.

 

Guía de lectura Mes do libro 2021: Cómic infantil



Mes do libro "As familias contan": Iria

 E SEGUIMOS RECIBINDO FANTÁSTICOS CONTOS LIDOS POLOS NEN@S QUE UN DÍA FORON ALUMN@S DE BARRIONVO E HOXE SEGUEN A FORMAR PARTE DA NOSA ESCOLA.

HOXE IRIA REPITE CONTANDO "MARTA NO DA BESOS", DE CUATRO TUERCAS.

GRAZAS FAMILIA!!!


miércoles, 21 de abril de 2021

Mes do Libro "As familias Contan": Enma, Iria e Sara

Enma, da aula rosa, xunto coa súa irmá Iria e a súa curmá Sara (ambas exalumnas da escola) interpretan o Conto "Este libro no es para ti", da editorial Takatuka.

Magnífica interpretación!

Grazas por seguir a ler na nosa BiblioBn!!

E ti non te animas!!

Envía o teu video ou fai unha videochamada!!


lunes, 19 de abril de 2021

Mes do libro "As familias contan": André e Mamá

A pesar das circunstancias queremos que as familias continúen a participar na nosa escola.

E así celebramos o Mes do Libro, sendo elas as que lean dende a casa.

Hoxe André e a súa mamá leen... ¡A la luna! de Combel Editorial

Grazas Familia!!


jueves, 15 de abril de 2021

As familias Contan: Familia de Alejandra "Nicolasa ¿y tu casa?"

En Barrionovo "As Familias Contan" por iso neste Mes do libro convidámolas a participar lendo contos dende a casa (a través de Skype, vídeos...)

A familia de Alejandra, da clase de 3 anos, inaugura estas lecturas con esta historia tan divertida de Mar Benegas que nos achega moitos tipos de vivendas.





Grazas Familia por participar!!!

lunes, 12 de abril de 2021

Atelier Creativo: Cómic do camiño I

A semana pasada Barri presentóunos un novo Atelier ao redor do Cómic. Durante este mes do libro coñeceremos un pouco máis esta técnica narrativa.

 O papel: soporte básico cos que facemos os libros. Preparamos a masa para facer papel reciclado rasgando papel de periódico e sumerxindo en agua.



A ilustración e as viñetas.: traballamos a lectura e escritura a través das imáxenes.



O texto e os bocadillos: con máquinas de escribir e tampóns, para aproximarnos  a lectoescritura.


O largo do mes crearemos os nosos propios cómics!

martes, 6 de abril de 2021

Atelier Creativo: Cómic do camiño

Arrincamos este mes cun novo Atelier no Espazo Fedelleiro, nel aprenderemos e experimentaremos coa elaboración dos cómics: textos, ilustracións, onopatopeas, viñetas...

 

Poderemos experiementar, crear cómics colaborativos, así coma elaborar o noso propio papel.






Novos materiais sensoriais


 

viernes, 2 de abril de 2021

Día do libro Infantil e Xuvenil

Mensaxe de Margarita Engle, ilustrada por Roger Mello:
A música das palabras


"Esteas cómodo na casa

ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra

e unha lingua estraña, as historias e poemas

perténcente" 

(Margarita Engle)

(Tradución ao galego de María Canosa) 


jueves, 1 de abril de 2021

Mes do Libro 2021: Anímate a Ler na BiblioBN

Neste mes do libro non queremos perder o costume de ler contos na nosa biblioteca polo que queremos convidarvos a que o fagades dende a casa, a través de videochamada ou enviando o voso vídeo.
Anímate!!


E neste mes do libro renderemos especial homenaxe ao cómic infantil, polo que... 
E ler un cómic??