sábado, 29 de octubre de 2011

Buscamos receitas de Sopa de Cabaza

Queremos saber como se fai a deliciosa "Sopa de Calabaza" que da título á fermosa historia que escoitamos onte.


Escribide a receita coas vosas familias e despois podedes enviala ao blog ou levala á escola. Tamén queremos que cada titora redacte unha receita  cos nenos e nenas da súa aula.

Quen queira volver a ver o conto aquí en Un Samaín de Conto



viernes, 28 de octubre de 2011

Biblioteca Tomoski


Hoxe visitamos o cole de Galán para ver a exposición das cabazas do Samaín,aproveitamos para coñecer a súa biblioteca : Biblioteca Tomoski .Alí disfrutamos dun contacontos delicioso con "Sopa de Calabaza" . Despois Marga , a bibliotecaria do cole , explicounos como é a biblioteca dun cole con nenos e nenas de tan distintas idades. Porque hai distintas cores nas etiquetas dos libros , para que valen os libros grandes ...

lunes, 24 de octubre de 2011

Desembalando

Hoxe por fin estrenamos o cole novo , no que xa sabedes que contaremos cunha biblioteca.
Uns estupendos axudantes de bibliotecario , das aulas de 4 e 5 anos , estiveron valeirando as caixas dos libros .



Create your own video slideshow at animoto.com.

domingo, 23 de octubre de 2011

Aí chega o Samaín

                              Estades preparados ? Xa está aquí.


miércoles, 12 de octubre de 2011

Coñecendo unha fraga

Estes días estivemos preparando nas aulas a visita á Fraga de Sisalde , traballamos sobre mapas do concello e da ruta a seguir , buscamos información do que iamos ver na web do noso concello , traballamos as guías medioambientais da fraga.
E con todo este traballo previo achegámonos á Sisalde onde Óscar , o técnico de medio ambiente do concello de Arteixo , amosounos un montón de cousas. Escoitamos , observamos e rexistramos nas follas de observación. Sacamos fotos do que nos interesaba e recollimos follas e froitos para despois traballar na aula.
En definitiva un auténtico TRABALLO DE CAMPO.



Create your own video slideshow at animoto.com.

sábado, 8 de octubre de 2011

A Fraga de Sisalde

O martes día 11 de outubro visitaremos no noso concello a Fraga de Sisalde , situada na parroquia de Barrañán.
Para empezar a acoñecer cousas da fraga e preparar a saída aquí tedes o enlace á páxina de medio ambiente do Concello de Arteixo.Aquí podedes atopar moita información xa que tedes as guías medioambientais e os posters informativos desta zona.

http://www.arteixo.org/servicios/ma/informacion/espazo01.html


Fraga de Sisalde