jueves, 30 de mayo de 2024
lunes, 27 de mayo de 2024
Tardes de Biblio en Familia: Electricidade e electrónica
Hoxe coas familias fixemos o obradoiro de electricidade con plastilina conductora para mostrarlles todo o que sobre isto aprendemos fedellando no Atelier de electroloxía.
Tamén tocamos os pianos electrónicos interactivos creados coa placa Makey-Makey.
As familias contan: No todos somos iguales
Uno de ellos no es como el otro... ¡y eso es genial! Este álbum ilustrado celebra las diferencias entre nosotros. Ve pasando las páginas de este libro y encontrarás tres cosas que parecen iguales y una que es un poco distinta. Tres vacas... ¿y un elefante? Tres conejos... ¿y una bicicleta? ¡DISFRUTA DE LO QUE TE HACE DIFERENTE!
Este foi o bonito conto que trouxo Valen, Aitana e a súa mamá.
GRAZAS familia por participar da nosa escola
E de agasallo por participar…
viernes, 24 de mayo de 2024
Biblioteca Creativa: Makey Makey
Estes días fedellamos co Makey Makey creando un piano de cartolina
Fedellar co piano from biblio BN on Vimeo.
miércoles, 22 de mayo de 2024
EncontRos BN: DÍA DA DIVERSIDADE CULTURAL
ONTE, 21 DE MAIO CELEBRAMOS O DÍA DA DIVERSIDADE CULTURAL, CUN CONCERTO NO QUE ESCOITAMOS MÚSICAS DE TODO O MUNDO. AO SON DO ACORDEÓN E O VIOLÍN DO DÚO CAMANDULA.
O ACORDEONISTA, VICTOR, É O COMPOSITOR DA MÚSICA DO HIMNO "ISTO É PASTORIZA", XUNTOS CANTAMOS CON EL A CANCIÓN.
domingo, 19 de mayo de 2024
LETRAS GALEGAS 24: ALMA DE VIOLINO
O xoves día 16 conmemoramos o Día das Letras Galegas con diferentes actividades.
Recibimos na biblioBN a Alma, compañeira de Luísa Villalta, quen saíu do violino para contarnos moitas cousiñas da vida da autora homenaxeada.
Baseámonos no libro "Alma de violino" de Beatriz Maceda e Eli Ríos.
Despois empregamos a nosas palabras favoritas en lingua galega, elixidas na casa coas nosas familias, para completar o mural co skyline da cidade de A Coruña e os seus monumentos máis relevantes.
Por outra banda, nas aulas tamén traballamos con estas palabras para facer creacións poéticas como a que podedes ver no seguinte vídeo.
Para finalizar o día, levamos para casa unha lingua feita coa impresora 3D e un código QR que enlaza á páxina do blogue do EDLG na que se atopa o repositorio de todas as cantigas en lingua galega empregadas nos calendarios deste curso.
http://barrionovofalagalego.blogspot.com/p/barrionovo-canta-en-galego.html
viernes, 17 de mayo de 2024
Fedellando: Agasallo 3D En galego!
martes, 14 de mayo de 2024
Martes Poesía Express: Obelisco
Na semana das letras representamos o poema "Obelisco" de Luísa Villalta xogando coas luces e as sombras ao compoñer o skyline da Coruña.
lunes, 13 de mayo de 2024
Encontros BN en familia: Ana Edreira
Hoxe, para inaugurar o Mes das letras, contamos con Ana Edreira, intérprete da canción “Isto é Pastoriza”, escrita por Pablo Mariño. Os dous familias de alumn@s e exalumn@s da nosa escola.
Pero antes da esperada canción quentamos motores coa profe Lara, a súa música e instrumentos tradicionais.
Despois, xa con Ana cantamos a canción de Pastoriza, que estamos a traballar neste mes das Letras.
MOITÍSIMAS GRAZAS ANA E MARTÍN
por adicarnos o voso tempo e agasallarnos coa voz e o acompañamento musical
As familias contan: O paseo de Rosalía
Nunca un paseo foi á vez tan pracenteiro e tan arriscado. Cruzando a granxa, un raposo axexa a galiña Rosalía pero, tan torpe e desafortunado, que todos, menos os propios protagonistas, riremos con tantas peripecias..
Grazas a mamá de Lara por este divertido conto que nos trouxo a BiblioBn.
GRAZAS FAMILIA!
As familias contan: La extraña visita
Hoxe os papás de Julia, e máis ela, dramatizaron o conto “La extraña visita”, unha historia sobre extrañas amizades con un sorprendente final.
GRAZAS FAMILIA!
viernes, 10 de mayo de 2024
jueves, 9 de mayo de 2024
As familias contan no Mes das Letras
martes, 7 de mayo de 2024
As familias contan: Corre a casa ratoncito
¡Corre a casa, ratoncito!, de Britta Teckentrup es un álbum ilustrado lleno de misterio en el que veremos cómo un pequeño ratón quiere irse a casa pero para ello tendrá que atravesar un bosque en plena noche.
Esta historia foi a que nos contaron David e a súa mamá neste mes do libro.
GRAZAS FAMILIA!
lunes, 6 de mayo de 2024
Tardes de Biblio en familia: O oso e o piano
Un dia, no bosque, un osiño atopou algo que non vira nunca. Que será esta cousa tan estraña? pensou. E con medo, tocouna cos súas pequenas e robustas poutas... Co tempo, o oso aprendeu a tocar o estraño instrumento. Un día, por casualidade, os fermosos sons do piano chegaron a oídos dun pai e o seu fillo, que xantaban no bosque. O oso acompañounos nunha incrible viaxe, e a súa extraordinaria habilidade converteuno nunha gran estrela. Conseguiu a fama, a fortuna e toda a música do mundo, pero botaba de menos aos seus amigos e á familia que deixara atrás. Unha emocionante historia de exploración e pertenza
As familias contan pero en Maio…EN GALEGO
Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados e comportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar.
Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas na mente dos nenos e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con outras experiencias emocionais. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e converten o mal humor en optimismo.
Esta magnífica e sinxela historia foi a elexida por Julia e Adriana para contarnos neste mes das letras.
GRAZAS FAMILIA!
domingo, 5 de mayo de 2024
Agasallos 3D
sábado, 4 de mayo de 2024
As familias contan: Volcán
Na illa de Sállvora vive Volcánn, o cabalo máis salvaxe de todos os que viven alá. Un día Volcán viu algo que flotaba na agua e comezou a correr. Correu ao galope, máis que nunca, e os outros cabalos, eguas, gaivotas e corvos quedaban sen alento vendo o que facía.Unha divertida historia para coñecer un pouco máis a fauna e a flora das Illas Atlánticas a travéss da historia de Volcán, un valente cabalo que soña que é libre para correr ao galope sen límites por terras onde acontecen cousas extraordinarias
Este conto foi o escollido por Idris e a súa nai para contarnos na biblioteca este mes das letras.
GRAZAS FAMILIA!
viernes, 3 de mayo de 2024
Etiquetando o noso novo horto
Minimundos bechos
Venres de EnCurtas: Orellas de Bolboreta
No día de onte conmemorouse o Día Contra o Acoso Escolar, e para traballalo dende a escola propoñemos este marabilloso conto de Kalandraka, "Orellas de Bolboreta"