lunes, 6 de mayo de 2024

As familias contan pero en Maio…EN GALEGO

Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos… e volven xogar.Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións. Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, secrecións glandulares, mudanzas de humor…

 Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados e comportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar.

 Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas na mente dos nenos e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con outras experiencias emocionais. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e converten o mal humor en optimismo.

Esta magnífica e sinxela historia foi a elexida por Julia e Adriana para contarnos neste mes das letras.

GRAZAS FAMILIA!




 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario