Este martes para gozar da Poesía Express baixamos ao Espazo Fedelleiro, onde nos estaba a esperar unha instalación con pinguiñas de auga feitas na nosa impresora 3D e o retroproxector cunha sorpresa que preparou Alba.
As pinguiñas fóronas deseñando todo o alumnado coa axuda da aplicación Doodle3D durante o Taller Internivel.
No retroproxector agardaba o título do poema de Federico García Lorca "Chove en Santiago" e mentres soaba de fondo o poema cantado por Luar Na Lubre observamos o que ocorría.
Despois xogamos coas pinguiñas da instalación para rematar a Poesía Express.