Despois do recreo, a profe Lucía estábanos a agardar na horta da escola. Explicounos que nela aparecera un camiño misterioso que deberíamos percorrer para poder descubrir o poema desta semana,
"Adios ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.
Un voluntario, Alexis, foi abrindo o percorrido e recopilando os fragmentos de poesía dispersos polo mesmo. Seguíronlle todos os nenos e nenas aos que lles apeteceu probar a experiencia.
Cando rematamos, recompuxemos o poema e fixámonos en que alguén nos deixara ademais unha nota pendurada da oliveira.
Nela, Shelly, o trasno do monte, pedíanos que investigásemos sobre a autoría do poema, que o plantásemos na terra e que o coidásemos con agarimo.
Unha sorpresa nos agarda unha vez realicemos esta tarefa, non perdades detalle!
No hay comentarios:
Publicar un comentario