martes, 29 de octubre de 2013

jueves, 24 de octubre de 2013

Día da Biblioteca

Hoxe, 24 de Outubro, celebramos o día grande das Bibliotecas . Neste día de reivindicación para o mundo do ensino, queremos tamén reivindicar a importancia da Biblioteca Escolar na vida do noso centro. A biblioBN é o motor xerador dos nosos proxectos de traballo e o lugar de participación colectiva da comunidade educativa da nosa escola.
Que mellor xeito de celebralo que con este fermoso vídeo que o Ministerio de Educación e a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia gravaron na nosa biblioBN o curso pasado.


       

Na páxina das Bibliotecas Escolares de Galicia podedes ver oito experiencias de boas prácticas doutros centros galegos .



Ver Aquí



lunes, 14 de octubre de 2013

Xogo a Ler

Xa está en marcha unha nova campaña de fomento de lectura en familia co "Xogo a Ler".
Este curso o libro e o caderno viaxan nunha fermosa mochila laranxa etiquetada, como non podía ser menos, co barquiño onde Surcamos os 7 Mares.



Antes de levar o libro para casa cubrimos a folla de rexistro.


O luns compartimos cos compañeiros a nosa lectura e amosamos o noso traballo.








sábado, 12 de octubre de 2013

1º Encontro no Fondo do Mar : Un Día de Pesca

O papá de Xurxo achegouse cos seus aparellos a nosa escola para levarnos de pesca submarina.
Grazas a Javier e Martina por inaugurar os Encontros no Fondo do Mar.


 

martes, 8 de octubre de 2013

Presentación de "Xogo a Ler"

Hoxe, nas reunións titoriais, presentamos a actividade do "Xogo a Ler" para este curso. Porque tamén xogamos a ler en familia cos libros que veñen e van. Agradecemos á Asesoria de Bibliotecas Escolares unha nova entrega de mochilas que nos permiten levar o libro e o caderno con comodidade.



A Asesoría de Bibliotecas achéganos un tríptico informativo para sacarlle máis partido a esta actividade.

Biblioteca escolar e comunidade educativa

sábado, 5 de octubre de 2013

2º EncontXo no Fondo Mariño : "Don Caballito de Mar"

Novo EncontXo no fondo do mar. Esta vez da man de Eric Carle e a historia de Don caballito de mar , animada por parte do alumnado da aula de 4 e a súa titora. Achegáronnos a esta fermosa historia co Kamishibai.