jueves, 31 de octubre de 2013
martes, 29 de octubre de 2013
lunes, 28 de octubre de 2013
sábado, 26 de octubre de 2013
jueves, 24 de octubre de 2013
Día da Biblioteca
Hoxe, 24 de Outubro, celebramos o día grande das Bibliotecas . Neste día de reivindicación para o mundo do ensino, queremos tamén reivindicar a importancia da Biblioteca Escolar na vida do noso centro. A biblioBN é o motor xerador dos nosos proxectos de traballo e o lugar de participación colectiva da comunidade educativa da nosa escola.
Que mellor xeito de celebralo que con este fermoso vídeo que o Ministerio de Educación e a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia gravaron na nosa biblioBN o curso pasado.
Na páxina das Bibliotecas Escolares de Galicia podedes ver oito experiencias de boas prácticas doutros centros galegos .
Ver Aquí |
lunes, 21 de octubre de 2013
3º Encontro no Fondo do Mar : Aquarium Finisterrae
Santiago compartíu con nós a súa presentación para que volvamos a vela:
viernes, 18 de octubre de 2013
2º Encontro no Fondo do Mar : Salvamento Marítimo
Estos son os vídeos que nos deixou Marco para volver a velos:
miércoles, 16 de octubre de 2013
lunes, 14 de octubre de 2013
Xogo a Ler
Xa está en marcha unha nova campaña de fomento de lectura en familia co "Xogo a Ler".
Este curso o libro e o caderno viaxan nunha fermosa mochila laranxa etiquetada, como non podía ser menos, co barquiño onde Surcamos os 7 Mares.
Antes de levar o libro para casa cubrimos a folla de rexistro.
O luns compartimos cos compañeiros a nosa lectura e amosamos o noso traballo.
sábado, 12 de octubre de 2013
1º Encontro no Fondo do Mar : Un Día de Pesca
O papá de Xurxo achegouse cos seus aparellos a nosa escola para levarnos de pesca submarina.
Grazas a Javier e Martina por inaugurar os Encontros no Fondo do Mar.
miércoles, 9 de octubre de 2013
martes, 8 de octubre de 2013
Presentación de "Xogo a Ler"
Hoxe, nas reunións titoriais, presentamos a actividade do "Xogo a Ler" para este curso. Porque tamén xogamos a ler en familia cos libros que veñen e van. Agradecemos á Asesoria de Bibliotecas Escolares unha nova entrega de mochilas que nos permiten levar o libro e o caderno con comodidade.
A Asesoría de Bibliotecas achéganos un tríptico informativo para sacarlle máis partido a esta actividade.
Biblioteca escolar e comunidade educativa |
sábado, 5 de octubre de 2013
2º EncontXo no Fondo Mariño : "Don Caballito de Mar"
Novo EncontXo no fondo do mar. Esta vez da man de Eric Carle e a historia de Don caballito de mar , animada por parte do alumnado da aula de 4 e a súa titora. Achegáronnos a esta fermosa historia co Kamishibai.