INVERNO CON LIBROS!
As bibliotecas escolares da microrrede As Mariñas (EEI Barrionovo, CEIP de Galán, CEIP Sofía Casanova e o CRA de Culleredo) xa temos lista a nosa selección de recomendacións lectoras para o inverno!

Recibimos a visita de Pepe que compartiu con nós un oficio do pasado: A CESTERÍA.
No ámbito de arte xa temos preparado o recuncho para comezar o traballo.
MOITAS GRAZAS PEPE E LUCÍA POLA VOSA VISITA.
Despois de aprender moito da escritura e os inventos relacionados, poñemos en marcha o deseño do cartel da festa de Nadal, onde queremos escribir utilizando diferentes inventos
- IMPRENTA
-LÁPIS/ROTUS
-MÁQUINA DE ESCRIBIR.
Eleximos a información, o tipo de escritura para cada parte do texto, e quen fará cada parte...
Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade contamos cun concerto da Banda de Percusión Inclusiva "DiversidArte" por iniciativa da ANPA.