martes, 29 de mayo de 2012

Pinto & Chinto na biblioBN

Hoxe recibimos a esperada visita de Pinto & Chinto. Falaron con nós de como se coñeceron, do traballo que fai cada un, do traballo para o xornal, das experiencias literarias...
Despois Carlos leunos algúns dos relatos de "Minimaladas" e David ensinounos a debuxar os personaxes a partir da historia. Así puxemos en práctica o que iamos vendo.
Tamén quixemos preguntarlles porque un dos seus libros ten unha ilustración moi parecida a un cadro de Klimt, no que estivemos a traballar, e David respostou que a él lle gustaba debuxar cadros que admiraba nos museos para dalos a coñecer.


MOITÍSIMAS GRAZAS A CARLOS E DAVID POR FACERNOS PASAR UN RATO ESTUPENDO !!!



 

                    



Esta é unha mostra dos traballos que fixemos coas súas viñetas e que levaron 
de agasallo.

                             

lunes, 28 de mayo de 2012

Expoñemos o que Aprendimos

A pasada semana xuntámonos na biblioBN para contar aos compañeiros das outras clases as cousas que investigamos e aprendimos sobre os bosques de 3 países diferentes.
Estas son as presentacións das que nos axudamos para expoñer o aprendido.


Aula de 3 anos


Aula de 4 anos


Aula de 5 anos



EncontXo ao pé dunha maceira

Unha maceira moi especial :"A maceira que daba calquera cousa menos mazás" .
Mentras contamos o conto imos descontando os minutos que faltan para o Encontro con Pinto & Chinto.



Encontro con Pinto & Chinto


miércoles, 23 de mayo de 2012

Martes 29 : Pinto & Chinto na biblioBN

Por fin!!! o vindeiro martes disfrutaremos da visita de David Pintor e Carlos López , nosos humoristas gráficos favoritos.
Deixaron recado de que levedes folios e lapis...
Para ir quentando motores o luns teremos un EncontXo arredor dun dos seus libros :"A maceira que daba calquera cousa menos mazás"


                                                   

miércoles, 16 de mayo de 2012

De Pesca con Valentín

Festexamos as nosas letras traballando a viñeta de Pinto & Chinto sobre o autor deste ano. Animamos a viñeta a nosa maneira e despois buscamos, en revistas e folletos, unha letra. Coa letra escollida buscamos, nos poemas da antoloxía : "Valentín Paz Andrade" , unha palabra que empezara por ela.

                                Tivemos unha boa pesca !!!

                         


E aquí está a pesca que fixemos en familia de noticias, datos e imaxes do homenaxeado.




Lembrade que tedes a vosa disposición os recursos para seguir traballando con Valentín. VER AQUÍ

Os Martes : Aberto

Todos os martes pola tarde podedes vir a pasar un rato na biblioBN e levar algún libro en préstamo.
Lembrade que tedes que traer o carné e un adulto que vos acompañe.



                            

lunes, 14 de mayo de 2012

Onde Viven os Monstros

O pasado xoves recordamos na biblioBN a Maurice Sendak e os eu libro máis famoso, despois despedímonos deste autor dando vida a un dos seus debuxos.



                              

Letras Galegas 2012

RECURSOS PARA CELEBRAR AS NOSAS LETRAS

miércoles, 9 de mayo de 2012

Maurice Sendak na biblioBN

Onte  Maurice Sendak marchou para sempre a aquel lugar "Onde viven os monstros" , libro que escribiu e ilustrou no ano 1963 ( un pouco antes de que eu nacera ) e que é un dos máis fermosos que temos na biblioBN.
Nos casi 24 anos que levo entre libros, lecturas , nenos e nenas , non podo lembrar as veces que lín este libro e  as caras dos que o escoitaron.
Por iso mañá teremos un momento para ler e viaxar a aquel lugar onde viven...

Aquí tedes dúas presentacións do libro, unha para escoitar e outra para ler.


                        

  

Un EncontXo misterioso

O que tivemos onte con Isabel, mamá de Camilo, arredor da lectura : "Misterio na Horta". Xa sabedes quen andaba a roubar no xardín?
Gracias Isabel por axudarnos a desvelar o misterio.



                             

viernes, 4 de mayo de 2012

Un Almanaque de Premio

Unha das recomendacións da Guía de Primavera ,o Almanaque Musical, recibiu un premio de ilustración. 


Os da aula de 4 anos traballaron a noticia á par do mes de Maio.VER AQUÍ

Normas do Préstamo


BIBLIOARTE Convida



Os primeiros en animarse foron os da aula de 5 anos, que contaron cun  invitado moi especial :José Antonio Díaz Núñez , portavoz do Comité Científico de Voz Natura.



                            

Os da aula de 4 tamén tomaron nota da invitación.


                            

martes, 1 de mayo de 2012

No Bosque dos Cen Acres

Vivimos "La Gran Aventura de Winnie the Pooh" contada por Noe, irmá de Emma, que nos levou da man dos marabillosos personaxes de A.A. Milne.
                              Grazas Noe pola túa lectura.