martes, 29 de mayo de 2012

Pinto & Chinto na biblioBN

Hoxe recibimos a esperada visita de Pinto & Chinto. Falaron con nós de como se coñeceron, do traballo que fai cada un, do traballo para o xornal, das experiencias literarias...
Despois Carlos leunos algúns dos relatos de "Minimaladas" e David ensinounos a debuxar os personaxes a partir da historia. Así puxemos en práctica o que iamos vendo.
Tamén quixemos preguntarlles porque un dos seus libros ten unha ilustración moi parecida a un cadro de Klimt, no que estivemos a traballar, e David respostou que a él lle gustaba debuxar cadros que admiraba nos museos para dalos a coñecer.


MOITÍSIMAS GRAZAS A CARLOS E DAVID POR FACERNOS PASAR UN RATO ESTUPENDO !!!



 

                    



Esta é unha mostra dos traballos que fixemos coas súas viñetas e que levaron 
de agasallo.

                             

No hay comentarios:

Publicar un comentario