viernes, 1 de junio de 2012

Visita á biblioteca do IES de Pastoriza

O Equipo de Biblioteca do IES de Pastoriza convidóunos a visitar a súa exposición "Saberes e Sabores do Mundo". E así onte, dando un paseo, subimos ata o Instituto para visitar a remodelada biblio . Nela ,Goretti amosounos libros vellos, libros raros, libros noutras línguas, unha fermosa colección de "O Principiño" en moitos idiomas, os haikus escritos polos rapaces do centro ... todo o que alí vimos foi aportado polo alumnado e profesorado . Despois escoitamos a fermosa historia de "Un becho estraño" e por último vimos a exposición dos alimentos no munbdo e na historia.

Desde a biblioBN queremos agradecer a Marta , Goretti e ao equipo da biblioteca o rato tan bo que nos fixeron pasar e o sabor tan doce que deixaron en nós.








No hay comentarios:

Publicar un comentario