martes, 30 de noviembre de 2021

Martes Poesía-Express: Bubble Gum Boy

 Para celebrar o Día Internacional da Diversidade (3 de decembro) o conto rimado "Bubble Gum Boy", porque "iguais é un rollo, distintos é mellor".

lunes, 29 de noviembre de 2021

Instalación: Cohete baixo a Luz negra

Nesta ocasión a profe Lucía, de prácticas no noso centro, preparou unha nova instalación con materiais que brillan coa luz negra. Nesta instalación manipulamos, experimentamos, creamos e compartimos baixo a influencia da luz negra, coma se do espazo se tratase.

 

sábado, 27 de noviembre de 2021

En Nós está a Igualdade!

 Aquí tedes o resultado dun proxecto colaborativo das Anpas de Arteixo no que a nosa escola participou co seu traballo ao redor de contos de igualdade, da nosa biblioteca escolar, a BiblioBN

Podedes ver o resultado neste enlace

Encontros BN: Maxia pola igualdade


 

viernes, 26 de noviembre de 2021

martes, 23 de noviembre de 2021

Preparando o 25N

 Estes días estamos a preparar o 25N a través da canción "Chea de Vida" de Guadi Galego, que despois representaremos signando. Ademáis tenderemos fíos entre nós "sembrando" palabras de respecto e tolerancia.





Martes Poesía-Express: Express Poetry

 

lunes, 22 de noviembre de 2021

Compartindo Información: Aria e a Lúa

ARIA ESCOLLEU A LÚA PARA A SÚA INVESTIGACIÓN DENDE A CASA, PARA DESPOIS COMPARTIR NA AULA CON TOD@S @S COMPAÑEIR@S

ADEMÁIS DO SEU PANEL MANDOU ESTE FABULOSO VÍDEO ONDE EXPLICA UN MONTÓN DE CURIOSIDADES ACERCA DA LÚA

DESPOIS DA SÚA EXPLICACIÓN, COMA SEMPRE, REESCRIBIMOS A INFORMACIÓN RECIBIDA E ILUSTRAMOS.




GRAZAS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN NO TRABALLO DA AULA!
AS MELLORES APRENDIZAXES SON AS COMPARTIDAS!

jueves, 18 de noviembre de 2021

Mes da Ciencia en Galego: #barrionautasEastronovos polo Espazo

Neste mes da ciencia... Fedellamos co Espazo!

As fases da lúa

Sembramos estrelas

Observamos o universo

Experimentamos coas galaxias

A través da observación e experimentación estamos a coñecer un pouco máis do noso universo

Atréveste a Fedellar??

 





martes, 16 de noviembre de 2021

Martes Poesía-Express: Querubines

Para a semana do Día Universal da Infancia un poema extraído de "Érase una pez" de Miki Naranja.


QUERUBINES

Los niños cuando juegan

levantan catedrales.


Sus manos raudas

son vestigios de alas,


y de ángeles sus risas...

ay, sus risas

pobres porque lo quieren todo,

pero no necesitan nada.

Los niños cuando juegan

vierten sus almas en coro


y huyen del gueto de sí mismos 

y se salvan.


Se salvan

los niños cuando juegan.




miércoles, 10 de noviembre de 2021

Reto #barrionautasEastronovos: Hubble

UNHA FOTO MISTERIOSA APARECE NA CLASE, QUE PODE SER? SEGURO FOI BARRI
PENSAMOS, FALAMOS, OBSERVAMOS... ATA QUE ALGUÉN DI... "ESO LO VIMOS EN UN LIBRO DE LOS DE INFORMACIÓN!!"
POIS SÍ ESE ERA, O TELESCOPIO HUBBLE, QUE VIÑA ACOMPAÑADO DUNHA NOTICIA QUE DESPOIS TRABALLAMOS NA CLASE

FALAMOS DO TELESCOPIO, PARA QUE SERVIRÍA, ONDE ESTABA... E POR SUPOSTO DA NOTICIA QUE DESPOIS DEBUXAMOS E REESCRIBIMOS PENSANDO O NOSO PROPIO TITULAR




 

jueves, 4 de noviembre de 2021

Tardes de Biblio con Sentidiño!

Voltan as tardes de biblio a nosa escola!

Se queres vir a desfrutar da Biblio deberás respetar a túa quenda. 
Cada aula terá un día asignado. 
Aquí tes o calendario por cores

Poderás vir acompañad@ dun adulto e seguindo as medidas de seguridade:


Ven a visitarnos e segue a desfrutar de contos, xogos (...) ademáis de préstamos para levar a casa.
A BiblioBN non para!