A profe Alba creou co alumnado en Internivel un STOPMOTION versionando o tema No Samaín de Paco Nogueiras.
martes, 30 de octubre de 2018
Martes Poesía-Express: Moito Maxín, no Samaín
A profe Alba creou co alumnado en Internivel un STOPMOTION versionando o tema No Samaín de Paco Nogueiras.
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Poesía Express,
Samaín,
Samaín18,
stopmotion,
TICS
lunes, 29 de octubre de 2018
EncontXo do Samaín...ou Halloween!
Hoxe tivemos un EncontXo moi especial coa representación de The Haunted House cun teatro de sombras 3D.
Os monicreques son impresións 3D, agás as pantasmas que foron realizadas polo alumnado en cartolina.
Para os monicreques 3D pasamos as imaxes dos personaxes polo SELVA 3D, os redimensionamos no CURA e os imprimimos en cor morada.
Este foi o resultado:
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Deseño 3D,
EncontXos,
English,
Halloween,
Impresión 3D,
Samaín,
Samaín18,
Teatro,
TICS
Okupación escornabótica #somosdemonte
Este venres arrincou a Okupación Escornabótica da BiblioBn.
A mochila visitará tódalas casas dos nen@s da nosa escola.
Poderán xogar nas novas plantillas, aprender dos montes e a súa conservación, rexistrar o traballo...e crear unha nova plantilla.
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Escornabot,
Mochilas Viaxeiras Escornabot
domingo, 28 de octubre de 2018
Préstamo semanal
O venres pasado arrincou o préstamo semanal das aulas. Cada venres escollemos un conto para ler e con él faremos un pequeno traballo na casa.
Música na BiblioBn: Don Melitón
Este curso estamos a coñecer a música tradicional da man da profe Lara e dos fondos musicais que temos na nosa biblioteca.
A clave de Sol é a encargada de traer as cancións no seu cesto con códigos Qr que nos levan a cada unha delas.
E despois de traballala...aquí tedes o resultado!
viernes, 26 de octubre de 2018
jueves, 25 de octubre de 2018
Encontro cun Apicultor: Avó Artai
Hoxe o avó e a mamá de Artai visitaron a BiblioBn para contarnos a súa experiencia como apicultores e a relación cos nosos montes.
Aprendimos unha chea de cousas: cómo traballan as abellas, de que árbores ou prantas recollen o pole, a diferenza do mel (según as colmeas se atopen nun monte ou noutro), as especies invasoras, cómo se extrae o mel...
Moi interesante!
Moitas grazas Familia polas vosas aportacións!!
Construíndo coñecemento en Comunidade!
E de agasallo...colmea e abellas en 3D
Etiquetas:
#somosdemonte,
Encontros,
Familias,
Impresión 3D
Día da Biblioteca
Inspirándonos no bonito póster deste curso decidimos facer un CROMA coa axuda das familias para festexar este importante día.
Co alumnado creamos as transicións co Ipad mediante o programa STOPMOTION STUDIO.
E este foi o resultado:
Feliz Día das Bibliotecas!!!
EncontXo Día das Bibliotecas
Celebramos o día da Biblioteca con diferentes actividades: analizamos o cartel, escoitamos o conto "Poppi, la niña del gorro rojo, y la biblioteca del árbol", coñecemos diferentes bibliotecas en entornos naturais coma a do conto e para rematar...desfrutamos do croma que gravamos coas nosas familias.
Etiquetas:
#somosdemonte,
Bibliotecas,
Día das bibliotecas,
EncontXos
martes, 23 de octubre de 2018
Martes Poesía-Express: Samaín, que tamén chaman Halloween
Este martes foi a profe de inglés, Katrina, ataviada de bruxa, a encargada de presentar unha "poesía terrorífica" en inglés.
Esta particular "Witch" explicou as tradicións inglesas no Halloween e as comparou coas do noso Samaín.
Pasámolo de medo!!!
Tamén presentou o recuncho dos "Contos de medo", ao cal teremos que acudir a ler un conto e completar o noso carné para poder recibir un agasallo.
Por último, unha misión, deberemos debuxar os nosos medos e a semana que ven os "queimaremos" no Encontxo "Medos Fóra!"
domingo, 21 de octubre de 2018
Biblioteca Creativa
O venres 19 reunímonos en Compostela (EGAP) mestres dos centros integrados no programa BIBLIOTECA CREATIVA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, nunha xornada formativa intensa en relación cos contidos deste programa: escornabots, impresión 3D, espazo creativo (espazo maker) na biblioteca escolar.
Alí estivo presente a biblioBN co seu Espazo Fedelleiro para formar a outros mestres coa nosa experiencia e formarnos nós coas experiencias e materiais doutros centros.
Unha xornada de intercambio que resultou moi motivante e inspiradora.
Grazas Bibliotecas Escolares de Galicia!!!
Etiquetas:
Arduino,
Biblioteca Creativa,
Biblioteca Inclusiva,
Bibliotecas,
Deseño 3D,
Escornabot,
Espazo Fedelleiro,
Formación,
Impresión 3D,
Makers,
PLAMBE,
PLAN LÍA
jueves, 18 de octubre de 2018
Encontxo: A Horta de Simón
Hoxe o noso espazo fedelleiro acolleu un encontxo moi especial, onde a horta de Simón cobraba vida, e ata puidemos degustar a súa colleita.
Pincha aquí para ver todo o que pasou
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
EncontXos,
Espazo Fedelleiro,
voz natura
miércoles, 17 de octubre de 2018
ESCORNABOT: PLANTILLA "O BOSQUE DOS VECIÑOS"
Na bibliobn contamos cunha nova plantilla para o escornabot, elaborada pola profe Lara no taller Tic.
A plantilla recolle a fauna do "Bosque dos veciños" que visitamos a semana pasada. Para xogar ven acompañada dun taboleiro de son feito no Tiny tap, onde escoitamos o son dun animal que debemos identificar para levar o escornabot.
A plantilla recolle a fauna do "Bosque dos veciños" que visitamos a semana pasada. Para xogar ven acompañada dun taboleiro de son feito no Tiny tap, onde escoitamos o son dun animal que debemos identificar para levar o escornabot.
Pincha na imaxe para ver máis
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Escornabot,
TICS
martes, 16 de octubre de 2018
Poesía Express: Colores
Este martes os nen@s de 3 anos protagonizaron a poesía express da semana.
Presentáronnos a poesía"Los colores", que levaban un tempo traballando na aula. Uns artistas!
lunes, 15 de octubre de 2018
BiblioBn: Fonte de recursos
Coma sempre acudimos a Bibliobn en busca de información para o desenvolvemento do proxecto. Despois de ler unha noticia na aula xurde a necesidade de buscar información, qué significa forestal? Onde podemos buscar?...Na bibliobn
Buscamos no dicionario a definición e comparamos con outras fontes, coma a app do dicionario da Rag, que temos nos ipads descargada, e xa traballamos con ela o curso pasado.
Despois lemos un conto, "En el bosque del perezoso", que temos no expositor destacado do proxecto, que nos fala da problemática da deforestación.
Etiquetas:
#somosdemonte,
información,
Proxecto
Preparando o "Día da Biblioteca"
Etiquetas:
Biblioteca Creativa,
Croma,
Día das bibliotecas,
Espazo Fedelleiro,
TICS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)