Durante estas dúas últimas semanas no noso taller internivel seguimos coa montaxe de material novo do Espazo Fedelleiro.
Desta
volta tocounos acabar de preparar un tear. Para iso continuamos
traballando a tipoloxía de texto instructivo mediante as instrucións do
tear e as súas imaxes.
Despois comezamos a usar o noso novo tear, aproveitando tamén os lazos e
bobinas de madeira para practicar a nosa motricidade enroscando e
manipulando textís.
Por último,o martes pasado aproveitando que o luns celebramos o Día da
Muller e a Nena na Ciencia coa visita da UDC Ciencia e que nos deixaron
unha neveira portátil con xeo seco; fixemos unha construción ao redor da
neveira para despois pasar a botarlle auga ao xeo e observar como
interviña o vapor na nosa construción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario