Abrimos o Mes da Ciencia en Galego coñecendo as propostas de traballo das bibliotecas galegas e a do Día da Ciencia en Galego:
Facemos nosa a proposta de investigación sobre a Carta Xeométrica de Domingo Fontán englobándoa dentro do proxecto deste curso.
Lembramos os mapas de Galicia que temos traballado ata o momento: o actual e o das 7 provincias.
E presentamos o de Fontán:
Este vídeo achéganos a primeira información sobre o marabilloso traballo deste cartógrafo que percorreu Galicia para facer o primeiro mapa no que aparece dividida en catro provincias:
"Foi o primeiro en debuxar
o verdadeiro rostro da nosa terra"
(Ramón Otero Pedrayo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario