jueves, 18 de junio de 2020

#QUEDANACASA LIX: DESPEDIDA DE 5 ANOS

A semana continúa e seguimos coas despedidas.
Hoxe despedimos aos nosos compañeir@s da aula azul, as nenas e nenos de 5 anos. Remata para eles unha aventura para comezar unha nova, xa no "cole de maiores".
Quen diría que levan 3 anos no cole, parece que fai dous días que chegaban e xa son os maiores, dos que tantas cousas aprendimos e tantas veces fixeron de anfitrións.
Pero esta non será unha despedida, só un ata sempre, esta será sempre a vosa escola e esperamos vervos de novo, na biblioteca, no espazo fedelleiro vindo a ler contos...
Ademáis temos algo pendente... unha despedida!!!
sabemos que este foi un ano difícil para tod@s, pero seguro que nos fixo máis valentes!!!
Un bico enorme para todos, e por favor, non olvidedes a vosa escola de barrionovo!!!
💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙
Esperamos que desfrutedes do video!!!


E para que sempre os recordedes aquí tedes a súa orla
E recordades o desfile exipcio?
Pasámolo de medo!!!



Ata sempre!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario