Case sen darnos conta chega o final deste curso excepcional. Pasamos momentos difíciles pero pouco a pouco estamos a superalo. Antes de nada darvos as grazas a tod@s polo gran esforzo e a colaboración nas actividades que vos fumos plantexando. Sabemos que non foi fácil, pos iso, dende o equipo de barrionovo GRAZAS!!!! Pasade un feliz verán, desfrutade, descansade... Pero non podíamos marchar sen deixarvos unhas tarefas para este verán... estade ben atentos ao video!!!
Pero o curso que ven recibiremos a novos compañeir@s. Por iso queremos deixarlles aquí un video de benvida para que vaian coñecendo o noso cole.
A semana continúa e seguimos coas despedidas. Hoxe despedimos aos nosos compañeir@s da aula azul, as nenas e nenos de 5 anos. Remata para eles unha aventura para comezar unha nova, xa no "cole de maiores". Quen diría que levan 3 anos no cole, parece que fai dous días que chegaban e xa son os maiores, dos que tantas cousas aprendimos e tantas veces fixeron de anfitrións. Pero esta non será unha despedida, só un ata sempre, esta será sempre a vosa escola e esperamos vervos de novo, na biblioteca, no espazo fedelleiro vindo a ler contos... Ademáis temos algo pendente... unha despedida!!! sabemos que este foi un ano difícil para tod@s, pero seguro que nos fixo máis valentes!!! Un bico enorme para todos, e por favor, non olvidedes a vosa escola de barrionovo!!!
💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙 Esperamos que desfrutedes do video!!!
E para que sempre os recordedes aquí tedes a súa orla
E recordades o desfile exipcio? Pasámolo de medo!!!
A semana vai avanzando e seguimos coas despedidas deste curso tan singular. Hoxe tócalle aos nen@s de 4 anos, hoxe será o seu día, onde recordaremos o seu paso polo cole neste segundo ano para eles. Bravo polas nenas e nenos de 4 anos!!! Vémonos en setembro!!
E os de 4 tamén teñen a súa orla
E recordades cando os masais de 4 anos invadiron a escola? Foi ben divertido!!
Chegan as despedidas e hoxe tócalles aos nen@s de 3 anos.
Recordaremos o seu paso pola escola neste curso tan peculiar.
Fai 9 meses que chegaban a escola, cos seus medos, inquedanzas... non coñecían a escola, as profes, a clase, @s nen@s... pero pouco a pouco foron facendo amig@s, collendo confianza e... comezou a diversión!!! Pasando a formar parte da familia de barrionovo
Esperamos que o desfrutedes!!
E coma hoxe vai de recordos... aquí tedes a vosa primeira orla da escola.
Bo día familias!! A nosa viaxe está chegando ao seu fin. unha viaxe que comezamos fai xa 9 meses!!! alá polo mes de setembro chegábamos a escola, e comezábamos a nosa viaxe polo mundo. Esta semana estará adicada as despedidas, hoxe despediremos o noso proxecto anual #mesturarte, que comezaba cunha viaxe virtual ao redor do mundo, buscando e coñecendo novas civilizacións e culturas. Para esta investigación acudimos a nosa biblioteca, a axuda das familias, pescudas na rede, os compañeir@s... Coñecimos os masais, exipcios, korowais, inuits... e compartimos as nosas investigacións (preme na imaxe para recordalas)
E hoxe queremos compartir convosco un resumo de tódalas pescudas, que comezaron no cole, e seguiron na casa, coa vosa gran axuda. Esperamos que o defrutedes!!!
Aquí tedes unha rica receita para a fin de semana. Recordade coma sempre que a receita é un momento perfecto para traballar cantidades, cores, tamaños, formas... e tamén a lectoescritura se a reescribes ou fas a túa lista da compra.
Comezamos un novo mes co noso calendario coma sempre
Este mes adicámolo a Julio Castro, fotógrafo coruñés aficionado a fotografía de paisaxes. Pois ben, esta semana, convertirémonos tamén en fotógrafos coma él. O venres, 5 de xuño, celebramos o día do medio ambiente e queremos que fotografedes calquera acción humana contra o medio ambiente (plásticos tirados, guantes, mascarillas, lixo en xeral...), e a mandes ao noso correo. Despois falaremos e comentaremos estas fotos e a necesidade de cuidado do noso medio. Aquí tedes un exemplo:
Que pasa na imaxe?, Que está a facer? Que debería facer?...
E se te animas... recicla algunha botella de plástico e manda a túa foto