Mostrando entradas con la etiqueta Día da Música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Música. Mostrar todas las entradas

domingo, 23 de noviembre de 2025

ENCONTRO: Día da Música

 O MAGNETÓFONO DO AVÓ MANUEL


Unha viaxe ao pasado na nosa máquina do tempo para conmemorar o día da música.

Descubrimos e escoitamos música gravada en vinilos, casetes ou CD, e como non no MAGNEFÓFONO do avó de Estefanía.

Ademaís bailamos ao son da armónica, das cunchas e cantamos a nosa canción  A MÁQUINA DO TEMPO.








viernes, 22 de noviembre de 2024

Asamblea cantada

O Día da Música comezou en Barrionovo cunha asamblea cantada na biblioBN.





viernes, 4 de noviembre de 2022

lunes, 23 de noviembre de 2020

Encontros na rede: Día da música "Entrevista a Luar na Lubre"

 Na sección bibliográfica do noso proxecto anual, #camiñanteSIhaicamiño, contamos co CD "Vieiros e Vieiras", de Luar na Lubre, o cal está adicado a historias de peregrinos. 

Os nenos e nenas están a traballar con el nas sesións de música e xurdiron algunhas dúbidas que trasladamos ó Grupo "Luar na Lubre" en formato de Videoentrevista. 

E velaiquí a resposta!!

Moitas grazas a todo o grupo pola súa colaboración para levar a cabo este traballo, e as familias que fixeron posible a comunicación cos mesmos.

Esperamos poder telos no noso cole nalgún momento de xeito presencial.

 

lunes, 9 de noviembre de 2020

#camiñanteSIhaicamiño: Entrevista a Luar na Lubre

 Na sección bibliográfica do noso proxecto anual, #camiñanteSIhaicamiño, contamos co CD "Vieiros e Vieiras", de Luar na Lubre, o cal está adicado a historias de peregrinos. 

Os nenos e nenas están a traballar con el nas sesións de música e xurdiron algunhas dúbidas que aquí trasladamos en formato de Videoentrevista. 

Sabemos que de seguro o vídeo vai chegar ao grupo, así que agardamos as respostas!


viernes, 22 de noviembre de 2019

DÍA DA MÚSICA

Hoxe celebramos o día da música na nosa BiblioBN.

A nosa profe con máis ritmo, Lara, tíñanos preparada unha encurta especial para a ocasión.

Despois de vela, desvelounos unha gran sorpresa: entre todos e todas compoñeremos unha canción sobre o que vaiamos aprendendo no proxecto #MesturArte.



Os nenos e nenas da aula laranxa xa estiveran pensando as súas estrofas así que puidemos cantar un anaquiño.

Por último, cantamos e bailamos outras cancións que nos gustan.

Para mostra un botón!
De broche final e como agasallo neste día tan musical levamos unha púa coa Clave de Fa.



Día da Música: La Trompeta Mágica

lunes, 18 de noviembre de 2019

DÍA DA MÚSICA: DE AQUÍ PARA ALÁ

A través do conto "De aquí para alá" viaxamos polo mundo coñecendo o seu folclore da man da artista Lydia Botana.
A súa bolboreta levounos polos diferentes continentes, nunha marabillosa viaxe musical, coa que adiantamos a celebración do Día da Música.
Pasámolo xenial ademáis de coñecer moitos instrumentos, bailes e cancións de diferentes países do mundo.


GRAZAS!!!

miércoles, 21 de noviembre de 2018

EncontXo Día da Música


Polo Día da Música tivemos un EncontXo moi especial e relaxante co que inauguramos o Espazo de Acougo do Fedelleiro, mesturando a lectura de Respira da Ed. Fragmenta con pezas musicais e posturas de Eduyoga.




Agora tod@s os que necesitemos acougo xa sabemos onde atopalo... 



Para rematar a xornada musical levamos un agasallo, unha maraca feita na Impresora 3D. O diseño é do Thingiverse, páusase a impresión na metade e introducimos uns graos de arroz dentro, despois retomamos a impresión e como resultado temos unhas maracas cun son moi relaxante.





jueves, 23 de noviembre de 2017

Encontro Día Da Música: Instrumentos Tradicionais Galegos


Hoxe María, a mamá de Artai, deleitounos cun Encontro Musical con Instrumentos Tradicionais Galegos.



Pandeireta, tamboril, castañolas, gaita... Gozamos coñecéndoos e escoitándoos.


Agradecémoslle a visita cun orixinal agasallo en 3D.



Moitas Grazas! O pracer foi noso!

Impresión 3D: Agasallo no Día da Música

Hoxe recibimos á mamá de Artai para darnos acoñecer instrumentos tradicionais galegos e facernos disfrutar coa súa música.
Agradecémoslle a visita cun agasallo en 3D, xa que é unha muller que sempre luce uns complementos moi orixinais:



 

miércoles, 22 de noviembre de 2017

Día da Música coa app Tiny Tap

Hoxe, Día da Música, o alumnado de 4 anos un xogo educativo sobre instrumentos tradicionais galegos. Xunto con Aida, crearon o xogo na app Tiny Tap para coñecer mellor a nosa música.
Sacaron as fotos e gravaron os sons dos instrumentos que eles mesmos tocaron.
Xa temos o xogo nos ipads de todas as aulas para aprender co seu traballo.




Despois Artai anticipounos a visita da súa mamá cunha selección destes instrumentos e Pablo presentounos unha canción de Pablo Díaz que dará moito que falar:


lunes, 21 de noviembre de 2016

Día da Música: Coros e Danzas Escornabóticos


Festexamos o Día da Música coa grande estrea na biblioBN dos "Coros e Danzas Escornabóticos".


jueves, 22 de noviembre de 2012

EncontXo con música

Polo Día da Música, Iván de 5 anos e Aida, a mestra de A.L. nos contaron un conto con música: "CINCO" de Kalandraka cun teatro de sombras.