Mostrando entradas con la etiqueta Exposición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Exposición. Mostrar todas las entradas

domingo, 19 de junio de 2022

Expo #barrionautasEastronovos: Invitación

Este Martes estades tod@s convidados a Expo #barrionautasEastronovos que terá lugar no Espazo Fedelleiro nas seguintes quendas:
-10:00h Familias Aula de 3 Anos
-11:00h Familias Aula de 4 anos
-12:30h Familias Aula de 5 anos
Esperámosvos!!


Así a preparamos!



miércoles, 7 de noviembre de 2018

Sonoro Empeño

Hoxe visitamos a exposición "Sonoro Empeño" na sede de Afundación da Coruña e gozamos coa mistura da música e a pintura.
ARTE en estado puro.





martes, 24 de abril de 2018

Os libros éncheno todo

Nesta semana os libros que falan de libro ocupan o expositor da entrada e a imaxe do día tamén fala de libros.

 

jueves, 19 de abril de 2018

A Visión dunha Obra

Hoxe visitamos a exposición "A Visión dunha Obra" do pintor pontevedrés Jorge Castillo na sede de Afundación da Coruña.




sábado, 3 de marzo de 2018

EncontXo: A Xacia Luviñas





Celebramos este día seleccionando esta temática nos fondos do proxecto:




Viaxamos coa "Xacia Luviñas" polo país dos mil ríos na defensa dos noso ríos e bosques. Unha historia que nos achega a un novo ser da mitoloxía galega, que nos convida a dar cariciñas e aloumiños.





No Taller de Arte recreamos á xacia:


domingo, 4 de febrero de 2018

Exposicións: Día da Paz e Candeloria

Na entrada da escola tedes a vosa disposición os libros das guías que saíron esta semana:


martes, 9 de mayo de 2017

Exposición Letras Galegas

Xa está lista na entrada da escola a exposición dos libros que traballaremos co gallo das Letras Galegas.



lunes, 30 de enero de 2017

Recuncho de selección de libros

Ampliamos o recuncho de exposicións da entrada da escola. Ademais de atopar os libros da Guía de Lectura do Día da Paz, tedes a selección para traballar a Leonardo da Vinci no Taller de Arte e nas aulas.
A biblioBN medra día a día ...


miércoles, 21 de octubre de 2015

miércoles, 21 de enero de 2015

Exposición : Quedada para Ler ... en PAZ

Xa está lista a exposición para Ler en PAZ.

Para decorar a mesa, o alumnado de 5 anos encheu de cor as pombas de Picasso.
Empezamos, así, a traballar arredor dun dos artistas do rueiro de Pastoriza e do que visitaremos a exposición que no Museo de Belas Artes recreará a súa etapa na Coruña.


martes, 12 de noviembre de 2013

LER CIENCIA na biblioBN

Seguindo o lema deste curso nas Bibliotecas Escolares de Galicia, tedes unha exposición na biblioBN de fondos informativos e literarios que falan de Ciencia.

                                                           



A maior parte destes fondos están no recuncho "O mundo que me rodea":



martes, 12 de febrero de 2013

DÍAS . . . DE AMORES . . .

Achéganse días de amores e na biblioBN aproveitamos para presentar unha nova etiqueta temática :


A idea foi de Icía (aula de 5 anos ) quen, tras a lectura do album ¿Qué es el amor? , propuxo que debería haber unha etiqueta na biblioteca para identificar os libros que falan de AMOR.

Que mellor día para presentar o novo etiquetado que este xoves 14 de febreiro cun EncontXo na biblioBN. 
Para celebralo xa temos preparada unha exposición de libros DE AMORES ...