lunes, 28 de febrero de 2022

Encontros BN: Visitamos a casa das ciencias e o planetario


Descubrimos novas cousas do espazo e máis no planetario coñecimos a Estrela Rosalía, e o planeta Río Sar, que orbita ao redor dela
E así o representamos...



miércoles, 23 de febrero de 2022

Rosalía: Un día con estrela













 

#SementadePensamentos. Día de Rosalía 2022

En Barrionovo levamos todo o mes falando de Rosalía de Castro e facendo diferentes actividades para conmemorar o aniversario do seu nacemento.

Agora tócanos ensinarvos o noso produto final froito de moitos días de traballo. Seguindo a proposta feita pola AELG titulada #SementadePensamentos elaboramos os nosos propios vídeos empregando a técnica do stop motion nos que os cativ@s sementaron os seus pensamentos e deles naceron as flores favoritas de Rosalía, os pensamentos.

Aquí deixámosvos as producións de cada aula. Agardamos que vos gusten!

Feliz Día de Rosalía! 

Aula de 3 anos

Aula de 4 anos

Aula de 5 anos

martes, 22 de febrero de 2022

Martes Poesía-Express: Non Pare a Festa: É Tempo de Entroido

Nesta semana de entroido desfrutamos da poesía "Non pare a festa" de Ramón D. Veiga na BiblioBn. Tocar diferentes instrumentos e bailar a canción.

lunes, 21 de febrero de 2022

Mandadiños Planetarios

Este entroido "Astromitos" de Beascoa introduciranos nos mandadiños planetarios, onde serán os propios planetas, a través da realidade aumentada, os que nos den a pista diaria.
Preparados!!

Luns:

 

miércoles, 16 de febrero de 2022

COMEZA A OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA

 Hoxe comeza a Okupación escornabótica!
 Esta mochila viaxará de casa en casa de Mércores a Luns.


Nela levades o noso robot máis especial, o escornabot, co que poderedes xogar nas plantillas adxuntas e escribir as vosas impresións na libreta.
Así funciona:


Tamén levades un novo robot "Sigueliñas" que funciona así:


Por último contades con contos e libros informativos para seguir aprendendo ao redor do espazo.
Sacade fotos xogando na casa e escribide as vosas impresións na libreta.
E agora... a xogar!!
Importante! Utilizar sempre baixo a supervisión dun adulto
(Tendes tódalas instrucións na mochila, calquera dúbida falar coas mestras)


domingo, 13 de febrero de 2022

Xogando co escornabot: Letras e números

Outro xeito de traballar os números é coa axuda do noso robot máis especial, o escornabot

Aquí tedes o mellor exemplo!

 


miércoles, 9 de febrero de 2022

EncontXo Poético "Día da muller e a nena na ciencia"

Esta semana celebramos o Día da muller e a nena na ciencia, e arrincamos con este EncontXo Poético onde a profe Xeila leunos "Ada magnífica científica" de Beascoa. A través deste conto rimado coñecemos a unha nena con grandes inquedanzas e aspiración a científica.






 

lunes, 7 de febrero de 2022

martes, 1 de febrero de 2022

Reto #barrionautasEastronovos: Os volcáns de Venus

 

PARA REALIZAR O EXPERIMENTO:

1. COLOCAR A BOTELLA E CUBRIR COA PLASTILINA, IMITANDO A MONTAÑA

2. BOTAR 3/4 PARTES DE VINAGRE

3. 1/2 VASO DE AUGA

4. 1 CUCHARADA DE DETERXENTE DE LAVAVAIXELAS

5. COLORANTE VERMELLO

6. BICARBONATO

E... VELAÍ O VOLCÁN EN ERUPCIÓN!