lunes, 14 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño II

Despois da primeira sesión de toma de contacto, este venres voltaron Marta e Brus para comezar coas lecturas apoiadas para practicar e mellorar as habilidades lectoras e de comunicación do alumnado.





Taller Internivel: arquitectura e reciclaxe

Este curso estamos a traballar no proxecto #mesturArte e a semana pasada no Taller Internivel aproveitamos a ambientación do corredor para facer un pequeno faladoiro sobre unha foto que se atopaba nel.

Observamos a imaxe e falamos sobre o uso dos materiais que saían nela.
Despois creamos libremente con materiais do noso Espazo Fedelleiro. 

 

Guía de lectura: Día das escritoras 2019

Estes días estamos a conmemorar na BiblioBn a escritoras galegas a través de lecturas de pequenos fragmentos das súas obras.
 Para ir abrindo boca ahí vai un adianto.


domingo, 13 de octubre de 2019

Visita a Biblioteca Miguel Sande

Este venres visitamos a Biblioteca "Miguel Sande", de Pastoriza, para desfrutar dun conto de Samaín da man do grupo "Teatro Calavera".
Foi para morrer...de Risa!!!!



miércoles, 9 de octubre de 2019

Martes Poesía-Express: Poema sensorial

Esta semana a profe Katrina e Katie, a nosa nova auxiliar de conversa, trouxeron unha nova proposta poética-sensorial xunto co poema "The Itch", do autor británico Michael Rosen. A través desta posta en escea puidemos comprobar que canto máis sucias temos as mans máis nos pica o nariz.
Despois as nenas e nenos puideron experimentar coas distintas texturas e temperaturas.


sábado, 5 de octubre de 2019

Lecturas no Canmiño

Este venres comezamos coas sesións de lectura apoiada por cans da man e patas de Marta e Brus.
Este novo proxecto que comezamos grazas a Bibliotecas Escolares, Xacobeo 2021 e Golfo e Dama, desenvolverase ao longo do mes de outubro en cinco centros PLAMBE.




Visita á Biblioteca Municipal Miguel Sande

Este venres o alumnado de 4 e 5 anos visitaron a Biblioteca de Pastoriza onde agardaba Anxo Fariña para mostrarnos a maxia da Ilustración.




jueves, 3 de octubre de 2019

Volve o Taller Internivel ao Espazo Fedelleiro.

Chegou outubro e con él o Taller Internivel ao Espazo Fedelleiro.

Durante esta semana as nenas e nenos de 4 e 5 anos presentáronlle o taller aos nenos de 3. Despois desfrutamos cunha instalación artística composta por papel de xornal.





Foi moi divertido, e un boísimo comezo para os nenos e nenas de 3 aniños.

miércoles, 2 de octubre de 2019

Poesía-Express: Juego de los colores

Esta semana na Poesía-Express desfrutamos do conto  "Juego de los colores" de Hervé Tullet.
Coa axuda do retro as cores foron tomando forma e enchendo o noso Espazo Fedelleiro.


domingo, 29 de septiembre de 2019

IV Concurso Fotográfico Oficios Artesanais

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Infantil de Barrionovo, en colaboración coa BiblioBN, convídanvos a participar no IV Concurso de fotografía: oficios artesanais.
Animádevos!


viernes, 27 de septiembre de 2019

Venres de EnCURTAS: Lemon

Esta semana Barrionovo sumouse ao movemento global pola emerxencia climática.
Estamos moi preocupados/as pola situación do planeta e queriamos contribuir conmemorando este día.
Na biblioBN, como todos os venres, agardábanos unha encurta mais nesta ocasión, a encurta estaba acompañada dunha recreación da situación actual de mares e océanos, ateigados de plásticos e contaminación por plásticos que matan animáis e prantas.

Ademáis atropamos o retrato do inventor do plástico, aínda que nós non soubemos quen era. Cos datos que figuraban na imaxe, nome, data de nacemento e morte, imos investigalo nas aulas.




 







jueves, 26 de septiembre de 2019

ENCONTXO PLURILINGÜE DE OUTONO

Esta semana conmemoramos a chegada do outono celebrando o primero encontro plurilingüe (galego-inglés).

A profe Katrina e a profe Mayte contáronnos The Leaf Man-O Home Folla, mentres que un home  folla moi simpático voaba polo Espazo Fedelleiro levado polo aire dos sopridos de nenos e nenas.

Benvido outono!





CLASE DE EXPERTOS NO ESPAZO FEDELLEIRO

AS NENAS E NENOS DE 5 ANOS FORON OS ENCARGADOS DE INICIAR OS DE 3 ANOS NO USO DOS ROBOTS QUE TEMOS NO ESPAZO FEDELLEIRO.
MOITAS GRAZAS POLA MAGNÍFICA EXPLICACIÓN!!

miércoles, 11 de septiembre de 2019

Agasallo Comezo de Proxecto

Que mellor agasallo para comezar a aventura de #mesturarte que un avión... 3,2,1....despegue!!!!





ENCONTXO... DESPEGAMOS?

Comezamos a nosa viaxe collendo o noso voo, que a través do conto "Volta, Revolta e Reviravolta" levounos ao redor do mundo.
Na clase tiñamos as nosas tarxetas de embarque, buscamos o noso asento e... a viaxar!
Máis tarde, no Fedelleiro, agardábannos unhas maletas cheas de sorpresas, pezas para construír a nosa edificación despois de falar de todo o visto polas escaleiras e na BiblioBn.







jueves, 5 de septiembre de 2019

Nova ferramenta no Espazo Fedelleiro

Comezamos o curso argallando nesta nova ferramenta do noso Espazo Fedelleiro.
A primeira proba, unha maleta, que nos levará de viaxe por un novo proxecto #mesturarte.
Seguide ben atentos!!



martes, 3 de septiembre de 2019

viernes, 21 de junio de 2019

EncontXo con María José

Unha visita moi esperada!!!
Hoxe recibimos a María José que traía consigo o agasallo dun EncontXo e 3 libros novos para a biblioBN.



Moitas grazas!!!
Esperamos que volvas a esta túa Biblio!

GUÍA DE VERÁN