Mostrando entradas con la etiqueta Makers. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Makers. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de mayo de 2024

Tardes de Biblio en Familia: Electricidade e electrónica

Hoxe coas familias fixemos o obradoiro de electricidade con plastilina conductora para mostrarlles todo o que sobre isto aprendemos fedellando no Atelier de electroloxía.

Tamén tocamos os pianos electrónicos interactivos creados coa placa Makey-Makey.




domingo, 21 de octubre de 2018

Biblioteca Creativa

O venres 19 reunímonos en Compostela (EGAP) mestres dos centros integrados no programa BIBLIOTECA CREATIVA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, nunha xornada formativa intensa en relación cos contidos deste programa: escornabots, impresión 3D, espazo creativo (espazo maker) na biblioteca escolar.


Alí estivo presente a biblioBN co seu Espazo Fedelleiro para formar a outros mestres coa nosa experiencia e formarnos nós coas experiencias e materiais doutros centros.






Unha xornada de intercambio que resultou moi motivante e inspiradora.

martes, 28 de febrero de 2017

Caixa de Repostos do Escornabot

Reutilizamos unha caixa na que facemos e numeramos nove compartimentos, un por cada peza plástica do Escornabot. No exterior pegamos a plantilla co despece para poder asociar cada peza ao seu número.
Agora toca imprimir os repostos e colocar cada un no seu compartimento:




Gardamos a caixa no Recuncho Fedelleiro:


domingo, 19 de febrero de 2017

Espazo Fedelleiro da biblioBN

Pouco a pouco vai medrando ese espazo no que atopamos distintos materiais para facer e fedellar ...



Os Inventos de Leonardo

Mergullándonos na historia da robótica, atopámonos cos Inventos de Leonardo que estamos a traballar no taller de Arte. Creamos un pequeno espazo na entrada do cole no que, polo momento, están o autómata e a máquina de voar.



Pinchade na imaxe para ver como o estamos a traballar:


viernes, 20 de enero de 2017

viernes, 16 de diciembre de 2016

sábado, 12 de noviembre de 2016

Familias Makers

Xa sabedes que dentro do proxecto deste curso unha parte importante será convertirnos en Makers ( facelo por nós mesmos).
Hai uns días aprendimos a facer a man robótica e na casa de Valentina aplicaron o conto á cesta do Magosto:


lunes, 31 de octubre de 2016

Makers: Man Robótica

Seguindo as instrucións do profe García:


creamos a nosa man robótica e poñémola a funcionar:




Buscamos na galería robótica algo semellante e descubrimos o brazo robótico: