Mostrando entradas con la etiqueta Bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bibliotecas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de octubre de 2025

EncontXo: Os libros non son para os osos

Para conmemorar o Día das Bibliotecas fixemos un Encontxo na nosa, a biblioBN, con todo o alumnado e visionamos distintas bibliotecas.





lunes, 20 de octubre de 2025

Tarde de Biblio en familia: Os libros non son para os osos

Na semana da conmemoración do Día das Bibliotecas, lemos un conto que nos fala de que os libros e as bibliotecas son para todas e todos.







"A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS."





Despois da lectura proxectamos pequenos espazos lectores para todos os animais empregando materiais non estructurados.










domingo, 10 de noviembre de 2024

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024

O sábado tivo lugar a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024 e alí estivo a biblioBN representada por Lara e Alba que foron convidadas a contar a nosa experiencia no programa Lectura e Familas.


martes, 29 de octubre de 2024

Visita ao Ceip de Galán polo Samaín

Respondendo á invitación de bibliogalán o alumnado de 5º e 6º visitou o CEIP de Galán para ver a exposición de cabazas e ir a súa biblio, onde o alumnado de 4º de Primaria nos tiña preparado un conto e diferentes obradoiros do Samaín: decoración de cabazas, pulseiras, maquillaxe, landart de outono...





 Moitas grazas pola invitación...pasámolo de medo!!!!

jueves, 24 de octubre de 2024

Día das Bibliotecas 24: "Por un futuro sostible"



O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.

Para conmemorar esta data tan importante reunímonos na biblioBN para analizar o cartel deste ano e coñecer diferentes bibliotecas en entornos naturais. 



Despois fixemos unha nova intervención no noso patio reutilizando materiais cos que construímos un recuncho para lectura no exterior.


Como remate fixemos entrega dos carnés da nosa biblioteca aos novos usuarios.


viernes, 12 de enero de 2024

Venres de EnCurtas: Pois imos contar un conto

Na semana da conmemoración do Día das persoas usuarias das bibliotecas elaboramos este audiovisual para festexar tamén o fin das reformas na biblioBN. Como agasallo para os nosos usuarios, libretas de Bibliotecas Escolares de Galicia.




sábado, 12 de noviembre de 2022

Xornadas de Bibliotecas escolares 2022

Mellorando a nosa formación grazas as Xornadas de Bibliotecas Escolares, este Sábado en Santiago de Compostela.




 

miércoles, 5 de octubre de 2022

Volta o préstamo semanal das aulas



Cómo fan o préstamo nas aulas de 3 e 4 anos
 


Así rexistran na clase...


E estos son exemplos das súas libretas


Cómo fan o préstamo na aula de 5 anos


Rexistramos...


E así cubrimos a libreta na aula de 5




viernes, 4 de febrero de 2022

Xornadas Biblioteca Creativa 21/22

Un ano máis a biblioBN acode a esta Xornada Formativa para continuar aprendendo, creando e innovando.





jueves, 5 de noviembre de 2020

Tardes de Biblio en Familia

Voltan as tardes de biblio en familia, dun xeito diferente, pero desfrutando igual dos contos e historias que aquí nos esperan.
Grazas familias por visitarnos!!

 

viernes, 23 de octubre de 2020

Día das bibliotecas 2020


Celebramos o día das Bibliotecas retomando as boas costumes da nosa biblioteca... 
Volta o préstamo semanal á BiblioBn!
E así de ben o explican os nen@s da aula azul

 

Tamén queremos presentar o noso videoprotocolo das novas normas da biblioteca

E por último!! Coñecemos a "Barri", o logo da nosa biblioteca, creado por María López Pousa, cobrou vida!
Foi @ encargad@ de facer a videochamada, presentar os videos das novas normas, o préstamo semanal e máis os novos carnés da nosa biblioteca.






martes, 23 de junio de 2020

AXÚDANOS A MELLORAR

Queremos saber un pouco máis e poder mellorar coa vosa axuda.
Cubre a seguinte enquisa e dalle a enviar.
Grazas por axudarnos!

viernes, 19 de junio de 2020

#QUEDANACASA LX: DESPEDIDA FINAL

Case sen darnos conta chega o final deste curso excepcional.
Pasamos momentos difíciles pero pouco a pouco estamos a superalo.

Antes de nada darvos as grazas a tod@s polo gran esforzo e a colaboración nas actividades que vos fumos plantexando.
Sabemos que non foi fácil, pos iso, dende o equipo de barrionovo

GRAZAS!!!!

Pasade un feliz verán, desfrutade, descansade... 
Pero non podíamos marchar sen deixarvos unhas tarefas para este verán... estade ben atentos ao video!!!


Pero o curso que ven recibiremos a novos compañeir@s.
 Por iso queremos deixarlles aquí un video de benvida para que vaian coñecendo o noso cole.

BENVID@S!!


FELIZ VERÁN!
UN BICO ENORME PARA TOD@S!!!


jueves, 14 de mayo de 2020

#QUEDANACASA: Colaboración Letras Galegas co Ceip Saco e Arce de Toén

Nestes días recibimos un reto dende a Biblioteca do Ceip Saco e Arce de Toén, Ourense, para topar na nosa vila a rúa adicada a Ricardo Carvalho Calero e facer alí unha foto, recitar unha poesía...
E por suposto aceptamos o reto e aquí tedes os primeiros resultados
Grazas familias por participar!!
E Grazas o Ceip Saco e Arce de Toén pola proposta!!