Mostrando entradas con la etiqueta electrónica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta electrónica. Mostrar todas las entradas

miércoles, 7 de mayo de 2025

Obradoiro Biblioteca Creativa 25: BorranchoBot

Hoxe recibimos a Elena, de CompetenciaDixital.org, no noso Espazo Fedelleiro para descubrir os fundamentos da electricidade a través da arte.
No obradoiro aprendemos a realizar en equipo un circuíto eléctrico simple para crear BorranchoBots, robots pintores.






Obradoiro realizado grazas ao programa Biblioteca Creativa.



miércoles, 12 de febrero de 2025

Fedellando coa electrónica básica

Esta semana, dentro do programa de formación do noso PFPP de centro, estivemos a fedellar coa electrónica básica manipulativa. Leds, pilas e plastilina conductiva para crear os nosos peixes con luz.
Aproveitando o noso PDI, no que estamos a investigar os animais mariños, decidimos crear peixes (peixe lanterna e peixe arco da vella)
Seguindo esta narrativa traballamos ao redor do peixe "Arco da vella" que acende a súa luz cando decide repartir as súas escamas cos demáis peixes do mar.
Actividade que despois levamos á aula.

 

lunes, 27 de mayo de 2024

Tardes de Biblio en Familia: Electricidade e electrónica

Hoxe coas familias fixemos o obradoiro de electricidade con plastilina conductora para mostrarlles todo o que sobre isto aprendemos fedellando no Atelier de electroloxía.

Tamén tocamos os pianos electrónicos interactivos creados coa placa Makey-Makey.




jueves, 21 de marzo de 2024

Atelier de electroloxía: electricidade con plastilina

Neste atelier fedellamos coa electricidade dunha maneira sinxela, segura e atractiva.

Construimos circuitos empregando pilas de 9V, cables, leds, zumbadores e plastilina conductiva. Manipulando estos materiais achegámonos aos principios básicos da electricidade e electrónica.